Comunicación
A comunicación é unha ferramenta estratéxica para reforzar a visibilidade, o posicionamento e o impacto social do CiTIUS. Neste espazo recompílase a información, os servizos e os recursos dispoñibles para apoiar ao persoal investigador e ás unidades do centro na súa actividade comunicativa, así como para garantir unha imaxe institucional coherente e recoñecible.
Unidade de Comunicación e Proxección pública
A Unidade de Comunicación e Proxección pública do CiTIUS forma parte das Unidades de Apoio á Investigación do centro. A súa función é xestionar e coordinar a difusión dos principais eventos, achados e avances desenvolvidos polo persoal investigador, valéndose de diferentes ferramentas e canles de comunicación. Entre as súas tarefas habituais inclúense a cobertura audiovisual de actividades, a coordinación da comunicación externa e o apoio á comunicación interna do centro.
Para calquera consulta relacionada coa comunicación do teu traballo, podes contactar coa unidade a través do correo electrónico citius.press@usc.es
Comunicación externa
Difusión de resultados |
Identidade visual e materiais de apoio |
Servizos Audiovisuais |
Marca CiTIUS |
Comunicación interna
Plan de Comunicación
A planificación das iniciativas de comunicación do CiTIUS articúlase a través de documentos estratéxicos nos que se recollen as liñas mestras que orientan a actividade da Unidade de Comunicación e Proxección pública en distintos períodos. Estes plans establecen os obxectivos prioritarios, os públicos de referencia, as accións previstas e os indicadores de seguimento que permiten avaliar o impacto da actividade comunicativa do centro. Nesta sección inclúese o último plan de comunicación desenvolvido para este cometido: