Uso das Redes Sociais para a difusión da actividade científica
A presenza activa nas redes sociais converteuse nun elemento clave para ampliar a visibilidade da actividade investigadora e reforzar o posicionamento científico e profesional do persoal do CiTIUS.
Recoméndase:
- Manter actualizado o perfil profesional en LinkedIn e difundir nel as publicacións máis relevantes, participacións en congresos, proxectos e outros fitos destacados da actividade investigadora.
- Compartir as publicacións científicas recentemente aceptadas ou publicadas, incluíndo sempre que sexa posible o DOI e as entidades financiadoras correspondentes.
- Etiquetar ao CiTIUS e ás institucións colaboradoras para facilitar a amplificación desde as canles oficiais.
- Empregar unha linguaxe clara e accesible, adaptando a mensaxe ao público xeral sen perder rigor.
Ademais do impacto tradicional baseado no número de citas, están a consolidarse indicadores que permiten medir a repercusión social e dixital das publicacións científicas. O seguimento destes indicadores coñécese como Altmetría.
A Unidade de Comunicación promove a difusión da actividade do centro a través das súas contas nas redes sociais:
