Estás aquí: start » centro » comunicacion » uso_plato

Uso do Plató

O CiTIUS dispón dun plató propio para a produción de contidos audiovisuais, tanto videográficos como fotográficos. Este espazo está equipado para a gravación de entrevistas, presentacións de proxectos, pezas divulgativas, cápsulas informativas ou calquera outro formato audiovisual vinculado á actividade investigadora e institucional do centro.

O plató pode empregarse tamén para sesións fotográficas destinadas a materiais de comunicación, perfís institucionais ou campañas específicas.

Para facer uso destas instalacións é necesario poñerse previamente en contacto coa Unidade de Comunicación e Proxección pública, presentando unha breve descrición do proxecto ou da necesidade comunicativa. A partir desta información, valorarase a mellor opción para levar a cabo a produción e determinarase o tipo de apoio técnico e comunicativo que pode ofrecerse en cada caso.

O obxectivo é garantir que os contidos producidos manteñan unha calidade técnica axeitada e unha coherencia coa identidade institucional do CiTIUS, ao tempo que se optimizan os recursos dispoñibles.