Estás aquí: start » centro » comunicacion » web_publica

Web Pública

Enuméranse os elementos cuxa difusión forma parte das tarefas da unidade de comunicación e proxección pública:

Tipoloxía Descrición
Portada web (main slide) Neste apartado destácanse as noticias máis relevantes, os eventos inminentes e as convocatorias oficiais de emprego do CiTIUS. Puntualmente, destacaranse aquí tamén as expresións de interese.
Perfís do persoal na web pública Cada membro do CiTIUS conta cun perfil público na sección ‘Equipo’ da web pública. A Unidade de Comunicación encárgase de explicar ás novas incorporacións o procedemento para cubrir este perfil, así como de facer unha fotografía temporal da persoa incorporada. Posteriormente, esta imaxe substituirase pola fotografía definitiva tomada nunha das sesións periódicas de retratos de estudio que teñen lugar ao longo do ano.
Actualidade Baixo este epígrafe recóllense tanto as novas publicadas polo CiTIUS (que informan sobre a súa actividade máis recente) como as aparicións en medios de comunicación destas novas, entrevistas ou referencias ao seu persoal ou proxectos en vigor.
Eventos Nesta sección inclúense tanto eventos de carácter público, (accesibles a través da páxina web do centro), como de carácter interno, restrinxidos ao uso privado e, polo tanto, accesibles só a través dunha conta CiTIUS. Entre os eventos máis habituais organizados polo centro, pódense atopar os seguintes:
Doctoral Meetings: Iniciativa orientada a estimular as capacidades de comunicación, argumentación e crítica científica do persoal en formación do CiTIUS. Nos DM compártense en inglés os obxectivos dunha tese de doutoramento ao longo dunha presentación de 20’, trala que se abre un espazo de debate coa audiencia, aberta á discusión.
Conferencias: Charlas e presentacións organizadas polo centro abertas ao público, nas que se tratan temas relacionados coas diversas áreas de investigación do centro.
Teses doutorais: Defensas públicas de teses doutorais, que poñen fin á etapa de formación predoutoral.
Programa de Formación: Actividades de formación complementaria destinadas ao persoal investigador, incluídas no Programa de Formación do CiTIUS. De carácter bienal, este programa baséase nos principios para unha formación doutoral innovadora promovidos pola UE.
Ao sol: Encontros informais na terraza exterior do centro, concibidos para fomentar o diálogo e a conexión humana máis alá do traballo diario. Nacidos no contexto post-pandemia, estes encontros ofrecen pequenas charlas sen apoio tecnolóxico a cargo de persoas de ámbitos diversos, seguidas dun coloquio aberto e distendido.
Ciencia Singular: Xornada anual de portas abertas na que os centros de investigación singular de Santiago de Compostela —CiTIUS, CiQUS, CiMUS, IGFAE e CRETUS— divulgan a súa actividade científica a familias e visitantes de tódalas idades.
Videoteca Repositorio en constante actualización que recolle todos os vídeos producidos polo CiTIUS, organizados en diferentes seccións segundo a tipoloxía do seu contido.