Manual de identidade corporativa
O Manual de identidade corporativa do CiTIUS establece os criterios e normas que regulan o uso da imaxe institucional do centro. Este documento guía a aplicación correcta dos elementos visuais corporativos en todos os soportes e canles de comunicación, garantindo unha identidade coherente, recoñecible e profesional. Nel recóllense as especificacións relativas ao uso dos logotipos oficiais, a tipografía corporativa, as cores institucionais e as pautas de aplicación da marca en distintos formatos e contextos.
A súa correcta aplicación é esencial para manter a coherencia da imaxe institucional do CiTIUS en todas as comunicacións internas e externas.
Podes descargar aquí o Manual de identidade corporativa do CiTIUS (ES).
Normativa
- A acreditación de centro CIGUS por parte da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da investigación do CiTIUS como centro cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Galicia Feder 2021-2027 esixe o cumprimento dunha normativa de publicidade.
- Dada a complexidade da normativa recollida nas Instrucións de publicidade, aconsellamos ao persoal investigador do CiTIUS que contacte coa Unidade de Comunicación e Difusión Pública do centro para asesorarse sobre o seu correcto cumprimento.
Recoñecementos obrigatorios
De forma xeral, todo documento, software, web e calquera outro material publicado polo CiTIUS debe ter os logos dos Fondos Europeos, a Unión Europea, a Rede CIGUS, a Xunta de Galicia, o CiTIUS e a USC, seguindo as directrices expostas nesta páxina, en cumprimento coa normativa de publicidade CIGUS da Xunta de Galicia.
Queda expresamente prohibida a utilización do logo 'Campus Vida', debido á súa extinción.
Obrigas no uso de logotipos
En toda documentación, presentación ou material gráfico elaborado no marco da actividade do CiTIUS é obrigatorio incluír os logotipos oficiais do CiTIUS e da Universidade de Santiago de Compostela, dispoñibles para descarga máis abaixo). Recoméndase consultar a sección de imaxe corporativa da USC).
Ademais, deberá incorporarse no pé de páxina o conxunto de logotipos institucionais que se amosan a continuación:
Rede CIGUS
A pertenza do CiTIUS á Rede CIGUS (Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia recoñecidos como centros de excelencia da USC) implica o cumprimento dunha serie de obrigas en materia de difusión e publicidade da marca CIGUS.
Estas obrigas son de carácter preceptivo e afectan á correcta incorporación do logotipo da Rede en documentación de toda índole, como presentacións, materiais gráficos, publicacións, comunicacións públicas e demais soportes nos que proceda.
Recoméndase consultar detidamente o manual de identidade da marca CIGUS para coñecer con precisión cando e como deben colocarse os logotipos, así como as normas de convivencia gráfica con outras institucións, especialmente nos casos nos que deba coexistir con outras marcas institucionais ou financiadoras.
| Galego | Castelán |
|---|---|
| Manual en galego | Manual en castelán |
Logos CiTIUS
| Tipo | Descarga |
|---|---|
| Logotipo principal-vertical | PNG EPS |
| Logotipo principal-horizontal | PNG EPS |
| Logotipo-negativo-vertical (usar en fondo negro e cores escuras) | PNG EPS |
| Logotipo-negativo-vertical(usar en fondo negro e cores escuras) | PNG EPS |
| Logotipo simple (sen lenda)-positivo | PNG EPS |
| Logotipo simple (sen lenda)-negativo | PNG EPS |
Outras entidades
Tipografías
As tipografías oficiais do CiTIUS son Manrope (tipografía principal, que podes descargar a continuación) e Segoe UI, que está preinstalada en Microsoft.
| Forma de descarga | Enlace |
|---|---|
| Arquivo comprimido (.zip) | Descargar .zip |
| Google fonts | Ir a Google fonts |