Accións en Redes Sociais
O Plan de Comunicación 2022-2025 marca 5 obxectivos prioritarios no ámbito das Redes Sociais. Cada un destes obxectivos, que se define a continuación, conta con varias accións concretas. Podes saber máis sobre cada acción no Plan de Comunicación 2022-2025.
Tipoloxía | Descrición |
---|---|
Obxectivo 1 | Mellorar a difusión dos resultados do CiTIUS, en particular no ámbito internacional: proxectos, publicacións, emprendemento, capacidade de captación de recursos, etc. |
Accións: #CiTIUSInsights, #MeetOurProjects, #EurekaCiTIUS, #CiTIUSTalks e #WorldWideCiTIUS. | |
Obxectivo 2 | Aumentar a atracción de talento e a colaboración co CiTIUS, aproveitando as oportunidades que ofrecen os medios dixitais. |
Accións: #ExcellenCiTIUS, #WomenInTech, #ADayAtCiTIUS e #CiTIUSMakers. | |
Obxectivo 3 | Mellorar a comunicación cos axentes de interese, tanto públicos como privados. |
Accións: #CiTIUSNews, #Videodemostradores, #InsideTheLab e #FeaturingCiTIUS. | |
Obxectivo 4 | Mellorar a actividade de divulgación do centro, así como o coñecemento e a percepción pública do CiTIUS e da súa actividade divulgadora, tanto a nivel individual como colectivo. |
Accións: #CienciaSingular, #SpreadingCiTIUS, #TechGirls, #GlobalScienceDays e #PregúntalleAoCiTIUS. | |
Obxectivo 5 | Conseguir unha maior identificación co centro, tanto dende o punto de vista do persoal interno do CiTIUS como da comunidade universitaria no seu conxunto. |
Accións: #SeminarioComunicación, #ScienceOutreach, #SocializeYourResearch e #CiTIUSOnAir. |