Esta é unha revisión antiga do documento!
CONTRATACIÓNS
Resumo do proceso de contratacións
Cada investigador interesado en facer unha contratación debe dirixirse ao seu xestor de centro encargado da xestión de convocatorias. Así mesmo o xestor lle pode asesorar no proceso de selección de tipo de contrato
A seguinte imaxe resume o proceso de contratación:
INSPIRARSE NESTA IMAXE EXPLICANDO O PROCESO
- Investigador: Proposta de contratación utilizando os formularios habilitados segundo a tipoloxía de praza (ver sección ENLACE)
- KMT: Revisión da proposta de contratación. Validación da mesma ou suxerencias de cambios.
- KMT: Xeración da proposta de retención de crédito.
- Investigador: Sinatura da proposta de retención de crédito.
- KMT: Publicación da convocatoria.
- KMT: Publicación da lista de admitidos provisionais.
- KMT: Publicación da lista de admitidos definitiva.
- Investigadores: Avaliación de candidaturas e preparación e envío das actas.
- KMT: Proposta de resolución provisional.
- KMT: Proposta de resolución definitiva.
- USC: Propostas de contratación e sinatura dos contratos.
A seguinte táboa amosa os tempos estimados do proceso:
| Fase | Convocatoria Ordinaria | Convocatoria Urxente |
|---|---|---|
| Solicitude | 5 días hábiles | 3 días hábiles |
| Publicación lista prov | 3 días hábiles | 3 días hábiles |
| Enmendas | 2 días hábiles | 2 días hábiles |
| Publicación lista def | 3 días hábiles | 3 días hábiles |
| Publicación proposta contratación | 3 días hábiles | 3 días hábiles |
| Recurso reposición | 1 mes | 1 mes |
| Recurso contencioso-administrativo | 2 meses | 2 meses |
Principios Xerais
A selección do persoal garantirá os principios constitucionais de igualdade, publicidade, mérito e capacidade, e realizarase mediante convocatoria pública, de forma que permita un desenvolvemento profesional transparente, aberto, competitivo e baseado en normas preestablecidas e públicas, e comparables a nivel internacional.
| Principios dos procesos de contratación |
|---|
| Transparencia en todo o proceso |
| Imparcialidade, idoneidade, profesionalidade e responsabilidade dos membros dos órganos de selección |
| Independencia e discrecionalidade baseadas exclusivamente en criterios técnicos na actuación dos órganos de selección |
| Adecuación entre o proceso selectivo e as funcións ou tarefas a desenvolver |
| Outros criterios e principios xerais establecidos no Estatuto Básico do Empregado Público e na Lei da ciencia, así como, nos convenios colectivos aplicables ao persoal laboral e na súa normativa de desenvolvemento, en particular os referidos á igualdade de oportunidades e á tendencia á paridade nos órganos de selección |
Contratos
Existen dúas modalidades de contratos, temporais e indefinidos.
Para *prantexar unha contratación indefinida* é necesario a *creación e aprobación dunha liña asociada a contratación nun Programa Integrado*. A creación da liña é un proceso que pode levar sobre unha semana. O persoal de recursos humanos do CiTIUS pode asistir no proceso (citius.rrhh@usc.es).
Os salarios asociados aos diferentes tipos de contratacións poden consultarse no seguinte enlace.
A calculadora de contratos da USC permite calcular os custos asociados os diferentes tipos de contratos de persoal. A continuación enumeramos os diferentes tipos de contratos segundo as Categorías de Persoal:
Subgrupo profesional 1
Persoal investigador en iniciación
O persoal investigador en iniciación realizará funcións investigadoras que lle permitan obter a práctica profesional investigadora adecuada ao nivel de estudos ou de formación obxecto do contrato, previa á etapa de doutoramento. A persoa investigadora principal deberá elaborar un plan formativo individual no que se especifique o contido da práctica profesional, e asignará titor/a que conte con formación e experiencia adecuadas para o seguimento do plan e o correcto cumprimento do obxecto do contrato. Á finalización do contrato a persoa terá dereito a unha certificación da práctica realizada.
O contrato ou nomeamento será de duración determinada e a tempo completo ou parcial. No suposto de dedicación a tempo parcial esta será do 50% ou do 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa.
A duración do contrato poderá ser, como máximo, de 1 ano.
Formulario de solicitude para contratacións de inicio a investigación
- Persoal investigador predoutoral en formación.
Persoal investigador colaborador
As funcións do persoal colaborador consistirán na realización de tarefas de investigación no marco de proxectos específicos de investigación e a súa clasificación realizarase en función dos criterios de formación e experiencia acreditada para o posto.
A dedicación poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, neste último suposto será do 25%, 50% ou 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa.
A relación poderá formalizarse segundo as seguintes casuísticas:
- Réxime laboral e por circunstancias da produción: a duración do contrato poderá ser, como máximo, de 1 ano.
- Asociado á execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia: o contrato poderá durar ata o fin do financiamento.
- Contratación Indefinida caso para o cal será necesaria a creación e aprobación dunha liña nun Programa Integrado (ver sección anterior)
Este contrato poderá incluir os seguintes complementos:
- Complemento de adicación: retribue a especial dispoñibilidade para o desempeño do posto de traballo. Requírese informe de proposta de este obxectivo.
- Complemento de proxecto: Este complemento é de carácter persoal e esta ligado ás características da convocatoria do proxecto que financie o contrato e as súas condicións retributivas, sempre que a convocatoria permita unha retribución superior á que corresponde ao persoal investigador asociado establecido pola USC.
- Complemento de obxectivos: retribúe o cumprimento de determinados obxectivos establecidos previamente. Requiere de informe previo de proposta e informe final de cumprimento. Poden facerse efectivos trimestralmente, semestralmente ou anualmente.
A continuación pódense encontrar os formularios para prantexar contratacións de investigadores colaboradores:
Subgrupo profesional 2
- Persoal investigador posdoutoral - modalidade de acceso.
- Persoal investigador posdoutoral – modalidade de consolidación.
- Persoal investigador asociado.
Subgrupo profesional 3
- Persoal técnico superior de investigación
- Persoal técnico superior de xestión
- Persoal técnico de grao medio de investigación
* Persoal técnico especialista de investigación
Propostas de contratacións
Propostas de contratación
A proposta de contratación incluirá, de forma xeral, a seguinte informacion:
| Campo | Descrición |
|---|---|
| Número de prazas ofertadas | 1 ou mais prazas |
| Tipo de persoal investigador | asociado, colaborador, iniciación, predoutorais, persoal de apoio á investigación , indefinido |
| Porcentaxe de adicación | tempo Completo, 75%, 50%, 25% |
| Datas | data prevista de inicio/ Data prevista de fin |
| Retribucións | retribución, complementos de dedicación, proxecto, obxectivos ou responsabilidade |
| Traballo a realizar | descrición do traballo a realizar |
| Funcións a realizar | enumeración das funcións a realizar |
| Horario | horario de traballo |
| Centro de traballo | en xeral o CiTIUS, pero podería ser outro centro da USC |
| Comisión de selección | como mínimo tres membros a proposta do investigador principal: Presidente , Secretario, Vogal. Principio de Paridade |
| Méritos a avaliar | que se descrbien na seguinte subsección |
A unidade de RRHH do CiTIUS realizará as seguintes verificacións:
| Verificación |
|---|
| Adecuación do tipo de contrato ás necesidades definidas polo IP |
| Duración da actividade orzamentaria cubrindo a duración do contrato |
| Adecuación da retribución proposta ás características do tipo de contrato |
| Solicitude dos informes correspondentes |
Para os contratos por necesidades da produción é necesario o visto bo, asinado ou dada conformidade por correo electrónico, do responsable designado do equipo de xestión de RRHH do CiTIUS.
Méritos de avaliación
Os méritos a avaliar divídense en dúas categorías: méritos xerais e méritos específicos
Os méritos xerais deben representar entre 30 e 40 puntos da puntuación total.
O seu obxecto e adecuar o mérito de titulación á titulación esixida como requisito. Inclúense aquí:
| Méritos xerais | Consideracións |
|---|---|
| Titulacións | O maior peso das puntuacións debe ser da titulación esixida |
| Grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalentes: Puntos en grao ou licenciatura maior que en doutoramento ou mestrado | |
| Doutoramento: Puntos en grao ou licenciatura menor ou igual que puntos en doutoramento | |
| Expediente académico | Pode incluir un mínimo, ou a baremación que se utilizará |
| Experiencia laboral acreditable | experiencia profesional acreditada en universidades, organismos públicos ou empresas privadas) |
| Idiomas estranxeiros | non valería “coñecementos en…” Ten que tratarse dunha certificación de nivel |
| Lingua galega | |
| Carné de conducir |
Os méritos específicos contribúen con entre 60 e 70 puntos a puntuación total. Inclúense aquí:
| Méritos específicos | Consideracións |
|---|---|
| Experiencia laboral acreditable | experiencia específica nun ámbito determinado |
| Formación específica acreditable | formación específica nun ámbito determinado |
| Publicacións científicas | |
| Participación e asistencia a congresos | |
| Estadías de investigación | |
| Cartas de referencia | |
| Entrevista opcional | máximo 25 puntos. Pódese establecer un umbral |
Debe terse en conta que termos como coñecementos ou habilidades son méritos dificilmente baremables.
No caso dos contratos predoutorais e os contratos de iniciación o esquema de méritos sería:
| Tipo de contrato | Nota media do expediente académico de grao e mestrado | CV/Formación Acreditable | Entrevista persoal |
|---|---|---|---|
| Contrato predoutoral | 40 puntos | CV: 35 puntos | 25 puntos |
| Contrato de iniciación | 40 puntos | Formación acreditable: 35 puntos | 25 puntos |
Tipos de Contratos
EXPLICAR TIPOS DE CONTRATOS E ACCESO AOS FORMULARIOS
Publicidade e difusión
A publicación das convocatorias realizarase como mínimo no Taboleiro Electrónico da Universidade e na sección de talento da web do CiTIUS.
Para o suposto de prazas de doutor de máis dun ano ou contratos asociados a proxectos europeos publicaranse en EURAXESS ou outro portal que se considere adecuados para a internacionalización do proceso.
Está previsto facer tamén difusión das convocatorias de persoal na web do CiTIUS.
Recepción e aceptación de candidaturas
Aberto o procedemento, as persoas aspirantes presentan a súa candidatura a través da sede electrónica da USC. Cada centro, a través do seu xestor de centro habilitado, ten acceso ás candidaturas segundo a súa convocatoria/as aberta/as: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/CITIUS_contratacion.htm https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/CITIUS_emendacontratacion.htm
Avaliación de candidatos
As comisións de selección constituídas en xuntanza presencial ou en remoto elevarán unha acta da mesma onde se recollerán por orde as persoas seleccionadas segundo a puntuación e a motivación de cada unha delas.
A comisión de selección é responsable de comunicar os diferentes candidatos o resultado do proceso de avaliación. Pódese descargar aquí un modelo de acta.
É posible incluir unha taboa para precisar os criterios utilizados na avaliación de mértios. Amósase aquí un exemplo:
Neste punto é importante deixar recollido de xeito detallado, obxectivo e claro na acta a xustificación das valoracións e puntuacións realizadas a cada candidato.
No caso de que o proceso conte con entrevista, debe comunicarse os candidatos as súas valoracións, indicando se pasou o umbral para ser entrevistado. Pode descargarse aquí o modelo de correo para a comunicación do resultado os candidatos.
Pode establecerse unha lista de agarda ou pode ser declarada deserta a praza.
Resolución e contratación
Segundo as valoracións realizadas a comisión de selección emite unha resolución coa súa proposta de contratación motivada.
Segundo a resolución emitida pola comisión, a dirección do centro emite unha resolución coa proposta de contratación.
Emitida a resolución da dirección do centro coa proposta de contratación, compártese o expediente completo da convocatoria coa subárea de convocatorias e programas de Recursos Humanos de I+D da USC. A partires de aquí, nuns días, o servizo de persoal se porá en contacto co candidato seleccionado para a firma e inicio do mesmo.

