Estás aquí: start » centro » empleo

CONTRATACIÓNS

Resumo do proceso de contratacións

Cada investigador/a interesado/a en facer unha contratación debe dirixirse ao persoal de xestión do centro encargado da xestión de convocatorias, quen lle pode asesorar no proceso de selección de tipo de contrato

A seguinte imaxe resume o proceso de contratación: ** INSPIRARSE NESTA IMAXE EXPLICANDO O PROCESO**

A xestión do proceso da convocatoria, farase empregando Sateco

  1. Investigador/a: Proposta de contratación a través de Sateco - Enviar praza, elixindo o tipo de praza. Envío para validación (ver sección ENLACE)
  2. KMT: Revisión da proposta de contratación. Validación da mesma ou suxestións de cambios.
  3. KMT: Xeración da proposta de retención de crédito, e envío a investigador/a.
  4. Investigador/a: Sinatura da proposta de retención de crédito.
  5. KMT: Tramitación das retencións de crédito, e informes correspondentes (circunstancias da produción)
  6. KMT: Publicación da convocatoria.
  7. KMT: Revisión de candidaturas e publicación da lista de admitidos provisionais. (Apertura do prazo de emendas)
  8. KMT: Revisión de solicitudes de emendas e publicación da lista de admitidos definitiva. (Tramitación de Declaración de Ausencia de Conflictos de interese, cando corresponda)
  9. Investigadores/as: Avaliación de candidaturas, empregando Sateco.
  10. KMT: Validación das actas. Envío á Comisión de selección a través do portasinaturas da USC.
  11. KMT: Proposta de selección das Comisións. Envío á presidencia das Comisións a través do portasinaturas.
  12. KMT: Proposta de concesión, asinada pola Dirección
  13. KMT: Publicación das propostas de selección e de concesión.
  14. USC: Propostas de contratación e sinatura dos contratos.

A seguinte táboa amosa os tempos estimados do proceso:

Fase Convocatoria Ordinaria Convocatoria Urxente
Solicitude 5 días hábiles 3 días hábiles
Publicación lista prov 3 días hábiles 3 días hábiles
Enmendas 2 días hábiles 2 días hábiles
Publicación lista def 3 días hábiles 3 días hábiles
Publicación proposta contratación 3 días hábiles 3 días hábiles
Recurso reposición 1 mes 1 mes
Recurso contencioso-administrativo 2 meses 2 meses

Principios Xerais

A selección do persoal garantirá os principios constitucionais de igualdade, publicidade, mérito e capacidade, e realizarase mediante convocatoria pública, de forma que permita un desenvolvemento profesional transparente, aberto, competitivo e baseado en normas preestablecidas e públicas, e comparables a nivel internacional.

Principios dos procesos de contratación
Transparencia en todo o proceso
Imparcialidade, idoneidade, profesionalidade e responsabilidade dos membros dos órganos de selección
Independencia e discrecionalidade baseadas exclusivamente en criterios técnicos na actuación dos órganos de selección
Adecuación entre o proceso selectivo e as funcións ou tarefas a desenvolver
Outros criterios e principios xerais establecidos no Estatuto Básico do Empregado Público e na Lei da ciencia, así como, nos convenios colectivos aplicables ao persoal laboral e na súa normativa de desenvolvemento, en particular os referidos á igualdade de oportunidades e á tendencia á paridade nos órganos de selección

Contratos

Existen dúas modalidades de contratos, temporais e indefinidos.

Para propoñer unha contratación indefinida é necesario a creación e aprobación dunha liña asociada a contratación nun Programa Integrado. A creación da liña é un proceso que pode levar arredor dunha semana. O persoal de recursos humanos do CiTIUS pode asistir no proceso (citius.rrhh@usc.gal).

Os salarios asociados aos diferentes tipos de contratacións poden consultarse na seguinte ligazón.

A calculadora de contratos da USC permite calcular os custos asociados os diferentes tipos de contratos de persoal. A continuación enumeramos os diferentes tipos de contratos segundo as Categorías de Persoal:

Subgrupo profesional 1

Persoal investigador en iniciación (Inicio á investigación)

O persoal investigador en iniciación realizará funcións investigadoras que lle permitan obter a práctica profesional investigadora adecuada ao nivel de estudos ou de formación obxecto do contrato, previa á etapa de doutoramento. A persoa investigadora principal deberá elaborar un plan formativo individual no que se especifique o contido da práctica profesional, e asignará titor/a que conte con formación e experiencia adecuadas para o seguimento do plan e o correcto cumprimento do obxecto do contrato. Á finalización do contrato a persoa terá dereito a unha certificación da práctica realizada.

Titulación requerida: Licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao ou equivalente. + Ter finalizado os estudos de grao dentro dos tres anos previos á data de inicio do contrato ou cinco anos no caso de persoas con discapacidade. + Non ter experiencia profesional na USC no ámbito da investigación por tempo superior a 3 meses nin noutro centro, baixo esta modalidade contractual por tempo superior a un ano.

O contrato será de duración determinada e a tempo completo ou parcial. A retribución correspóndese co SMI (no 2026: 1.237,84 €). No suposto de dedicación a tempo parcial, esta será do 50% ou do 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa (35h/semanais).

A duración do contrato poderá ser, será como mínimo de 6 meses e como máximo de 12 meses. Só admite unha prórroga de 6 meses (6 meses + 6 meses). Se o contrato é dun número de meses superior a 6, non se poderá prorrogar.

:!: A matrícula nun programa de doutoramento, supón a extinción deste contrato.

Pódense ver a continuación as condicións salariais deste persoal:

Persoal investigador predoutoral en formación

Titulación requerida: Licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao de polo menos 300 créditos ECTS (European Credit Transfer System) ou inferior a 300 ECTS con máster universitario, ou equivalente. As persoas solicitantes deberán estar admitidas nun programa de doutoramento concreto.

A dedicación será a tempo completo. A retribución aumenta en función do ano de contrato (no 2026):

- 1º e 2º ano: 1.357,66 €

- 3º ano: 1.454,64 €

- 4º ano: 1.818,29 €

Este contrato poderá incluir os seguintes complementos:

  • Complemento de obxectivos: retribúe o cumprimento de determinados obxectivos establecidos previamente. Requiere de informe previo de proposta e informe final de cumprimento. Poden facerse efectivos trimestralmente, semestralmente ou anualmente. Límite máximo: 40% da retribución bruta anual.

Persoal investigador colaborador

As funcións do persoal colaborador consistirán na realización de tarefas de investigación no marco de proxectos específicos de investigación e a súa clasificación realizarase en función dos criterios de formación e experiencia acreditada para o posto.

Titulación requerida: Licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao ou equivalente.

A dedicación poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, neste último suposto será do 25%, 50% ou 75% da xornada que estea establecida como dedicación completa. Retribución a tempo completo (no 2026): 1.799,22 €.

Este contrato poderá incluir os seguintes complementos:

  • Complemento de proxecto: Este complemento é de carácter persoal e esta ligado ás características da convocatoria do proxecto que financie o contrato e as súas condicións retributivas, sempre que a convocatoria permita unha retribución superior á que corresponde ao persoal investigador asociado establecido pola USC.
  • Complemento de obxectivos: retribúe o cumprimento de determinados obxectivos establecidos previamente. Requiere de informe previo de proposta e informe final de cumprimento. Poden facerse efectivos trimestralmente, semestralmente ou anualmente. Límite máximo: 40% da retribución bruta anual.

A relación poderá formalizarse segundo as seguintes casuísticas:

  • Réxime laboral e por circunstancias da produción: a duración do contrato poderá ser, como máximo, de 1 ano (se é de menos tempo, pode facerse unha única prórroga, como máximo ata os 12 meses)
  • Asociado á execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia: o contrato poderá durar ata o fin do financiamento.
  • Contratación Indefinida caso para o cal será necesaria a creación e aprobación dunha liña nun Programa Integrado (ver sección anterior)

Pódense ver a continuación as características salariais desta modalidade de contratación:

Persoal investigador postdoutoral

Contémplanse as seguintes categorías de investigadores postdoutorais:

  • Persoal investigador posdoutoral - modalidade de acceso segundo a lei da ciencia, pendente de articular por parte da USC.
  • Persoal investigador posdoutoral – modalidade de consolidación segundo a lei da ciencia, pendente de articular por parte da USC.
  • Persoal investigador asociado.

Persoal de apoio a investigación

Poderase contratar persoal de apoio á investigación, con financiamento alleo ou propio no marco de plans e proxectos de l+D. No suposto de que a relación se formalice en réxime laboral e por circunstancias da produción a duración do contrato poderá ser, como máximo, de 1 ano. A duración poderá ser indefinida no suposto de execución de plans e programas públicos de investigación científica e técnica ou de innovación.

Existen as seguintes categorías de persoal de apoio a investigación:

  • Persoal técnico superior de investigación
  • Persoal técnico superior de xestión
  • Persoal técnico de grao medio de investigación
  • Persoal técnico especialista de investigación

Pódense ver a continuación as condicións salariais deste persoal:

Neste momento, a proposta de contratación de persoal de apoio a investigación faise de forma manual. Para elo debe contactarse con citius.rrhh@usc.es.

Propostas de contratacións

Propostas de contratación

A proposta de contratación incluirá, de forma xeral, a seguinte informacion:

Campo Descrición
Número de prazas ofertadas 1 ou máis prazas
Tipo de persoal investigador Asociado, colaborador, iniciación, predoutorais, persoal de apoio á investigación , indefinido
Porcentaxe de adicación Tempo Completo, 75%, 50%, 25%
Datas Data prevista de inicio/ Data prevista de fin
Retribucións Retribución, complementos de dedicación, proxecto ou obxectivos
Traballo a realizar Descrición do traballo a realizar
Funcións a realizar Enumeración das funcións a realizar
Horario Horario de traballo
Centro de traballo En xeral o CiTIUS, pero podería ser outro centro da USC
Comisión de selección Como mínimo tres membros a proposta do investigador principal: Presidente , Secretario, Vogal. Principio de Paridade
Méritos a avaliar Que se describen na seguinte subsección

A unidade de RRHH do CiTIUS realizará as seguintes verificacións:

Verificación
Adecuación do tipo de contrato ás necesidades definidas polo IP
Duración da actividade orzamentaria cubrindo a duración do contrato
Adecuación da retribución proposta ás características do tipo de contrato
Solicitude dos informes correspondentes

Para os contratos por necesidades da produción é necesario o visto bo, asinado ou dada conformidade por correo electrónico, do responsable designado do equipo de xestión de RRHH do CiTIUS.

Méritos de avaliación

Os méritos a avaliar divídense en dúas categorías: méritos xerais e méritos específicos

Os méritos xerais deben representar entre 30 e 40 puntos da puntuación total.

O seu obxecto e adecuar o mérito de titulación á titulación esixida como requisito. Inclúense aquí:

Méritos xerais Consideracións
Titulacións O maior peso das puntuacións debe ser da titulación esixida
Grao, licenciatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalentes: Puntos en grao ou licenciatura maior que en doutoramento ou mestrado
Doutoramento: Puntos en grao ou licenciatura menor ou igual que puntos en doutoramento
Expediente académico Pode incluir un mínimo, ou a baremación que se utilizará
Experiencia laboral acreditable experiencia profesional acreditada en universidades, organismos públicos ou empresas privadas)
Idiomas estranxeiros non valería “coñecementos en…” Ten que tratarse dunha certificación de nivel
Lingua galega
Carné de conducir

Os méritos específicos contribúen con entre 60 e 70 puntos a puntuación total. Inclúense aquí:

Méritos específicos Consideracións
Experiencia laboral acreditable experiencia específica nun ámbito determinado
Formación específica acreditable formación específica nun ámbito determinado
Publicacións científicas
Participación e asistencia a congresos
Estadías de investigación
Cartas de referencia
Entrevista opcional máximo 25 puntos. Pódese establecer un umbral

Debe terse en conta que termos como coñecementos ou habilidades son méritos dificilmente baremables.

No caso dos contratos predoutorais e os contratos de iniciación o esquema de méritos sería:

Tipo de contrato Nota media do expediente académico de grao e mestrado CV/Formación Acreditable Entrevista persoal
Contrato predoutoral 40 puntos CV: 35 puntos 25 puntos
Contrato de iniciación 40 puntos Formación acreditable: 35 puntos 25 puntos

Tipos de Contratos

EXPLICAR TIPOS DE CONTRATOS E ACCESO AOS FORMULARIOS

Publicidade e difusión

A publicación das convocatorias realizarase como mínimo no Taboleiro Electrónico da Universidade e na sección de talento da web do CiTIUS.

Para o suposto de prazas de doutor de máis dun ano ou contratos asociados a proxectos europeos publicaranse en EURAXESS ou outro portal que se considere adecuados para a internacionalización do proceso.

Está previsto facer tamén difusión das convocatorias de persoal na web do CiTIUS.

Recepción e aceptación de candidaturas

Aberto o procedemento, as persoas aspirantes presentan a súa candidatura a través da sede electrónica da USC. Cada centro, a través do seu xestor de centro habilitado, ten acceso ás candidaturas segundo a súa convocatoria/as aberta/as: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/CITIUS_contratacion.htm https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/CITIUS_emendacontratacion.htm

Avaliación de candidatos

As comisións de selección constituídas en xuntanza presencial ou en remoto elevarán unha acta da mesma onde se recollerán por orde as persoas seleccionadas segundo a puntuación e a motivación de cada unha delas.

A comisión de selección é responsable de comunicar os diferentes candidatos o resultado do proceso de avaliación. Pódese descargar aquí un modelo de acta.

É posible incluir unha taboa para precisar os criterios utilizados na avaliación de mértios. Amósase aquí un exemplo:

Neste punto é importante deixar recollido de xeito detallado, obxectivo e claro na acta a xustificación das valoracións e puntuacións realizadas a cada candidato.

No caso de que o proceso conte con entrevista, debe comunicarse aos candidatos as súas valoracións, indicando se pasou o umbral para ser entrevistado.

Pode establecerse unha lista de agarda ou pode ser declarada deserta a praza.

Resolución e contratación

Segundo as valoracións realizadas a comisión de selección emite unha resolución coa súa proposta de contratación motivada.

Segundo a resolución emitida pola comisión, a dirección do centro emite unha resolución coa proposta de contratación.

Emitida a resolución da dirección do centro coa proposta de contratación, compártese o expediente completo da convocatoria coa subárea de convocatorias e programas de Recursos Humanos de I+D da USC. A partires de aquí, nuns días, o servizo de persoal poñerase en contacto coa persoa seleccionada para a sinatura do contrato e inicio do mesmo.