Manual de identidade corporativa

Esta é unha revisión antiga do documento!


Manual de identidade corporativa

Podes descargar aquí o manual de identidade corporativa do CiTIUS (en español). Nesta páxina poderás atopar información sobre os logotipos necesarios e a tipografía corporativa.

Normativa

  • A acreditación asociada ás axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia esixe o cumprimento dunha normativa de publicidade.
  • Dada a complexidade da normativa recollida nas Instrucións de publicidade, aconsellamos ao persoal investigador do CiTIUS que contacte coa Unidade de Comunicación e Difusión Pública do centro para asesorarse sobre o seu correcto cumprimento.

Recoñecementos obrigatorios

De forma xeral, todo documento, software, web e calquera outro material publicado polo CiTIUS debe ter os logos dos Fondos Europeos, a Unión Europea, a Rede CIGUS, a Xunta de Galicia, o CiTIUS e a USC, seguindo as directrices expostas nesta páxina, en cumprimento coa instrución da Xunta. Actualmente, a utilización do logo Campus Vida queda excluída debido á súa extinción.

Obrigas no uso de logotipos

Ademais de incluír o logo do CiTIUS (que podes descargar máis abaixo)e da Universidade de Santiago de Compostela (que podes atopar na sección de imaxe corporativa da USC), debes incluír os seguintes logos no pé de páxina:

Uso logo Rede CiGUS

O logo da rede CiGUS ten unha serie de especificacións que deben seguirse no seu uso. Podes descargar a continuación o seu manual de uso.

Logos CiTIUS

Tipo Descarga
Logotipo principal-vertical PNG EPS
Logotipo principal-horizontal PNG EPS
Logotipo-negativo-vertical (usar en fondo negro e cores escuras) PNG EPS
Logotipo-negativo-vertical(usar en fondo negro e cores escuras) PNG EPS
Logotipo simple (sen lenda)-positivo PNG EPS
Logotipo simple (sen lenda)-negativo PNG EPS

Outras entidades

Entidade Descarga
USC PNG EPS
Xunta de Galicia Todas as versións oficiais
Unión Europea PNG EPS
Rede CIGUS PNGEPS
Fondos Europeos PNGEPS

Tipografías

As tipografías oficiais do CiTIUS son Manrope (tipografía principal, que podes descargar a continuación) e Segoe UI, que está preinstalada en Microsoft.

Forma de descarga Enlace
Arquivo comprimido (.zip) Descargar .zip
Google fonts Ir a Google fonts