Estás aquí: start » centro » vigilancia-tecnologica

centro:vigilancia-tecnologica:start

O CiTUS dispón dunha licenza da ferramenta de Vixianza Tecnolóxica desenvolta pola empresa Linknovate. Esta ferramenta é extremadamente potente e ten dúas funcionalidades principais:

  • Desenvolver análises de vixianza tecnolóxica. Por medio da análise de proxectos financiados, organizacións, publicacións, novas, patentes, etc.
  • Xeneración de alertas personalizadas. Que permiten configurar a recepción de informes periódicos asociados a tópicos de interese.

A Unidade KMT do CiTIUS (citius.kmt@usc.es) proporciona os seguintes servizos asociados ao desenvolvemento de informes de vixianza:

  • Asesoramento no uso da Plataforma. Que pode ser solicitado por investigadores vinculados e/ou en formación. Contactando coa unidade KMT proporcionarase acceso á licenza aos investigadores interesados.
  • Desenvolvemento de informes ad-hoc para proxectos estratéxicos.