Servidores de computación con Xeon Phi
Descrición do servizo
ctphi3
- Servidor Dell C6320P en chasis C6300.
- Procesador Intel(R) Xeon(R) PHI 7250
- 48 GB de RAM
- Sistema Operativo Centos 7.3
Alta no servizo
Todos os usuarios do CITIUS poden acceder a este servizo, pero para iso deben solicitalo previamente a través do formulario de incidencias. Mentres non o fagan, recibirán unha mensaxe de contrasinal incorrecto ou de acceso denegado.
Manual de usuario
Conexión co servidor ctphi3
Para conectarse, debes facelo a través de SSH polo porto 22
coas credenciais do CiTIUS.
- ctphi3.inv.usc.es - 172.16.242.161
A conexión só está dispoñible dende a rede do centro e co porto 22
. Para conectarse dende outras localizacións ou dende a rede da RAI é preciso facer uso da VPN ou da parasela SSH.
Pódese acceder os parámetros da BIOS mediante o comando sudo syscfg
. O manual para usalo está nas referencias desta páxina.