Esta é unha revisión antiga do documento!
Videodemostradores e vídeos divulgativos
O CiTIUS promove a realización e/ou edición de vídeos relacionados coa actividade do centro, tanto demostradores en formato vídeo que sirvan como presentación dunha determinada tecnoloxía ante potenciais socios (videodemostradores), como vídeos divulgativos dirixidos ao público máis xeral.
Os videodemostradores publícanse na canle de Youtube do CiTIUS, así como na sección de Demostradores da web. Exemplos de contidos elexibles para a realización destes vídeos son:
- Resultados científicos de alta relevancia.
- Proxectos, tecnoloxías e iniciativas con alto potencial ante o tecido socioeconómico ou a comunidade científica.
- Proxectos, tecnoloxías e iniciativas con trascendencia social.
Pola súa banda, os vídeos divulgativos están dirixidos á comunicación global, destacando resultados de alto impacto perante a sociedade ou fomentando, por exemplo, novas vocacións científicas.
O persoal investigador interesado en realizar unha destas pezas de vídeo contactará coa Unidade de Prensa, que analizará a proposta en colaboración coa Unidade de Xestión do Coñecemento e Transferencia, e programará o seu desenvolvemento en función da súa relevancia.