Esta é unha revisión antiga do documento!
Videodemostradores e vídeos divulgativos
O CiTIUS promove a realización e/ou edición de vídeos relacionados coa actividade do centro, tanto demostradores en formato vídeo que sirvan como presentación dunha determinada tecnoloxía ante potenciais socios (videodemostradores), como vídeos divulgativos dirixidos ao público máis xeral.
Os videodemostradores publícasen na canle de Youtube do CiTIUS e na sección de Demostradores da web. Como exemplo, considéranse:
- Resultados científicos de alta relevancia
- Proxectos, tecnoloxías e iniciativas con alto potencial ante o tecido socioeconómico ou a comunidade científica
- Proxectos, tecnoloxías e iniciativas con trascendencia social
- Vídeos divulgativos dirixidos á divulgación de resultados e tecnoloxías de interese na sociedade, para o fomento das vocacións científicas e outras iniciativas, tendo en conta a relevancia do fomento da iguladade de xénero
Contactarase coa Unidade de Comunicación que programará o seu desenvolvemento, en cooperacion coa Unidade de Xestión do Coñecemento e Transferencia, en función da relevancia.