Esta é unha revisión antiga do documento!
Redes Sociais
Apuntamos a continuación os elementos máis comúns que se difundirán nas redes sociais do centro:
Tipoloxía | Descrición |
---|---|
Keynote Speakers | Conferencias plenarias de membros do CiTIUS en congresos internacionais e nacionais |
Revistas | Artigos en revistas do 1º Cuartil SJR ou JCR. Outras publicacións en revistas relevantes, baixo demanda |
Congresos | Comunicacións aceptadas en congresos GRIN Clase 1 e 2, CORE A ou superior |
Outras publicacións en congresos de calidade | |
Premios | Premios concedidos por sociedades científicas e tecnolóxicas |
Best Papers en congresos | |
Premios de fundacións e outros organismos autonómicos, nacionais ou internacionais | |
Outros premios relevantes | |
Participación | Participación de membros do CiTIUS en congresos, eventos de alta relevancia ou xornadas de divulgación |
Do tuit á nova
No caso dos resultados de especial relevancia, a Unidade de Prensa redactará tamén unha entrada na sección de noticias da web do CiTIUS. Adicionalmente, naquelas publicacións que se consideren de maior impacto potencial perante os medios de comunicación, a Unidade redactará tamén unha nota de prensa para enviar aos medios.