Esta é unha revisión antiga do documento!
Manual de identidade corporativa
Podes descargar aquí o manual de identidade corporativa do CiTIUS (en español).
Logotipo oficial e normativa FEDER
A acreditación asociada ás axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia esixe o cumprimento dunha normativa de publicidade asociada aos fondos FEDER.
Dada a complexidade da instrución completa, aconsellamos aos investigadores do CiTIUS que contacten coas Unidades de Xestión do Coñecemento e Transferencia e/o Infraestruturas para asesorarse sobre o seu correcto cumprimento.
Recoñecementos obrigatorios
De forma xeral, todo documento, software, web e calquera outro material publicado polo CiTIUS debe ter os logos da Unión Europea, a Xunta de Galicia, o logo do CiTIUS, o da USC e o do Campus Vida, seguindo as directrices expostas nesta páxina, en cumprimento coa instrución da Xunta.
Tamén é necesario incluir o texto FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL “Unha maneira de facer Europa”.
Posicionamento e tamaño dos logos
Norma xeral
O logotipo do CiTIUS debe usarse nun tamaño inferior ao do logotipo principal do traballo donde se expoña, no caso de que o teña, e con certa separación, de forma que non pareza o logotipo principal nin parte deste.
En caso de ir xunto co logo do CiTIUS, o logotipo da USC e o de Campus Vida deben de ter o mesmo alto que o logo do CiTIUS.
O logo da Xunta de Galicia debe estar aliñado coa banderia do logo da Unión Europea. O resto de logos que os acompañen, incluindo o logo turístico de Galicia (que debe ir á dereita de todo), deben ir ao 60% de este tamaño a súa dereita e centrados verticalmente co logo da Xunta de Galicia.
No caso de ir todos os logos no mesmo lugar, o logo máis grande debe ser o da Xunta de Galicia e o da Unión Europea. O resto, incluindo tamén o do CiTIUS, deben ter como máximo o tamaño do logo da Xunta de Galicia e o da Unión Europea.
Cabeceiras de documentos
O formato para a apertura dun documento, ou na parte superior de calquera tipo de material de comunicación, é o seguinte:
- Deberase situar na parte superior esquerda, abrindo o documento, en primeiro lugar o logotipo da identidade corporativa da Xunta de Galicia, a continuación colocarase o logotipo da Unión Europea
- O emblema da UE (sen incluír a referencia á UE) co que se conforma o logotipo debe ser da mesma altura que o emblema de Xunta de Galicia.
- Despois se procede o logotipo do Goberno de España e os logotipos do resto de entes se situarán á esquerda da marca xacobeo 21-22 , en orde de maior importancia, de esquerda a dereita.
Exemplo de utilización de logotipos da Xunta de Galicia e Unión Europea:
Exemplo utilización de logotipos da Xunta de Galicia, Unión Europea e universidades:
Pés de páxina, webs, cerres de documentos e finais de presentacións
O formato do peche dun documento, ou na parte inferior de calquera tipo de material de comunicación, é o seguinte:
- Deberase situar na parte inferior dereita, pechando o documento, en primeiro lugar o logotipo da Xunta de Galicia, seguido do logo da Unión Europea á súa esquerda. A continuación situaríanse os resto de logotipos e marcas.
- O tamaño e escala dos logotipos segue o mesmo criterio que o establecido anteriormente
Exemplo de utilización de logotipos da Xunta de Galicia e Unión Europea:
Exemplo de utilización de logotipos da Xunta de Galicia, Unión Europea e Universidades:
Versións en cor e branco e negro
Nos medios electrónicos é obrigatorio poñer os logos en cor. Nos medios non electrónicos, é posible utilizar versións en branco e negro segundo as guías da Xunta de Galicia, a Unión Europea e os organismos correspondentes.
Antigos logos FEDER
As instruccións cambiaron respecto a anos anteriores e xa non se pueden utilizar os antigos logos de FEDER. A disposición correcta é o anagrama da bandeira co texto UNIÓN EUROPEA debaixo. O texto Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional “Unha maneira de facer Europa” non pode ir ao seu lado.
Logotipos
CiTIUS
Tipo | Descarga |
---|---|
Logotipo con tagline vertical | PNG EPS |
Logotipo con tagline variante horizontal | PNG EPS |
Logotipo con tagline vertical para fondo negro e cores escuras | PNG EPS |
Logotipo con tagline variante horizontal negro e cores escuras | PNG EPS |
Logotipo sen tagline en branco | PNG EPS |
Logotipo sen tagline en negro | PNG EPS |
Outras entidades
Entidade | Descarga |
---|---|
USC | PNG EPS |
Campus Vida | PNG EPS |
Xunta de Galicia | Todas as versións oficiais |
Unión Europea | PNG EPS Guía do emblema |
Galicia (logo turístico) | PNG EPS |