This is an old revision of the document!
This page is not fully translated, yet. Please help completing the translation.
(remove this paragraph once the translation is finished)
SSH and SMB storage access
Description
Access to NFS shared storage using Samba (CIFS) and SSH (including SFTP).
Activation
A alta no servizo é automática para todos os usuarios con acceso ó almacenamento compartido mediante NFS. O nome de usuario e contrasinal son os da identificación CITIUS. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es.
Axuda
Acceso mediante SFTP/SSH
Os datos de acceso son os seguintes:
- Servidor:
172.16.242.41
- Porto:
22
Os espazos están accesibles nos seguintes directorios:
- Directorios de usuario:
/homes/nome.de.usuario
- Directorios de proxectos:
/proyectos/nome.de.proxecto
- Directorios compartidos:
/compartidas/nome.de.usuario.do.propietario/nome.da.carpeta
- Directorio scratch:
/scratch
Exemplos:
ssh://172.16.242.41/homes/jorge.suarez
ssh://172.16.242.41/compartidas/jorge.suarez/fotos
Acceso dende Ubuntu
- Abre unha ventá do navegador de arquivos. Accede ó menú
Arquivo » Conectar co servidor
. - Elixe tipo
SSH
. Cubre os datos de servidor172.16.242.41
, cartafol/homes/nome.de.usuario
e cubre tamén o nome de usuario e o contrasinal. Por último, preme enConectar
. - Para acceder ós directorios de proxectos, usa o cartafol
/proyectos/nome.de.proxecto
e para acceder ó scratch usa/scratch
.
Acceso dende Windows
Podes facer uso do programa WinSCP usando os mesmos datos que conexión que en Ubuntu.
Acceso mediante Samba/SMB/CIFS
Os datos de acceso son os seguintes:
- Servidor:
172.16.242.41
Os espazos están accesibles nos seguintes directorios:
- Directorios de usuario:
nome.de.usuario
- Directorios de proxectos:
nome.de.proxecto
- Directorios compartidos:
compartidas/nome.de.usuario.do.propietario/nome.da.carpeta
- Directorio de scratch:
scratch
Acceso dende Ubuntu
- Abre unha ventá do navegador de arquivos. Accede ó menú Arquivo » Conectar co servidor.
- Cubre o formulario co servidor
172.16.242.41
e o dominioCITIUS
. Como carpeta, utiliza o teu nombre de usuario. Cubre tamén o teu nome de usuario e contrasinal. - Por último pulsa en Conectar.
- Para acceder ós directorios de proxectos, introduce o nome de proxecto como carpeta, e para acceder ó scratch introduce
scratch
.
Acceso dende Windows 7
- Accede a Inicio » Equipo » Conectar a unidad de red.
- Cubre o formulario. En Carpeta introduce
\\172.16.242.41\nome.de.usuario
e pulsa en Finalizar. Introduce o contrasinal da conta do CITIUS cando cho pida. - Para acceder ós directorios de proxectos, introduce
\\172.16.242.41\nome.de.proxecto
e para acceder ó scratch introduce\\172.16.242.41\scratch
.
Preguntas frecuentes
¿Pódese acceder desde fora da rede do centro?
Sí, usando a pasarela SSH ou a VPN. Tes máis información nesas páxinas.