Acceso ó almacenamento mediante SMB e SSH
Descrición do servizo
Acceso ó almacenamento compartido mediante NFS, a través dos protocolos Samba (CIFS) e SSH (inclúe SFTP).
Alta no servizo
A alta no servizo é automática para todos os usuarios con acceso ó almacenamento compartido mediante NFS. O nome de usuario e contrasinal son os da identificación CITIUS. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es.
Axuda
Acceso mediante SFTP/SSH
Os datos de acceso son os seguintes:
- Servidor:
172.16.242.41
- Porto:
22
Os espazos están accesibles nos seguintes directorios:
- Directorios de usuario:
/homes/nome.de.usuario
- Directorios de proxectos:
/proyectos/nome.de.proxecto
- Directorios compartidos:
/compartidas/nome.de.usuario.do.propietario/nome.do.cartafol
- Directorio scratch:
/scratch
Exemplos:
ssh://172.16.242.41/homes/jorge.suarez
ssh://172.16.242.41/compartidas/jorge.suarez/fotos
Acceso dende Ubuntu
- Abre unha ventá do navegador de arquivos. Accede ó menú
Arquivo » Conectar co servidor
. - Elixe tipo
SSH
. Cubre os datos de servidor172.16.242.41
, cartafol/homes/nome.de.usuario
e cubre tamén o nome de usuario e o contrasinal. Por último, preme enConectar
. - Para acceder ós directorios de proxectos, usa o cartafol
/proyectos/nome.de.proxecto
e para acceder ó scratch usa/scratch
.
Acceso dende Windows
Podes facer uso do programa WinSCP usando os mesmos datos de conexión que en Ubuntu.
Acceso mediante Samba/SMB/CIFS
Os datos de acceso son os seguintes:
- Servidor:
172.16.242.41
Os espazos están accesibles nos seguintes directorios:
- Directorios de usuario:
nome.de.usuario
- Directorios de proxectos:
nome.de.proxecto
- Directorios compartidos:
compartidas/nome.de.usuario.do.propietario/nome.do.cartafol
- Directorio de scratch:
scratch
Acceso dende Ubuntu
- Abre unha ventá do navegador de arquivos. Accede ó menú Arquivo » Conectar co servidor.
- Cubre o formulario co servidor
172.16.242.41
e o dominioCITIUS
. Como cartafol, emprega o teu nome de usuario. Cubre tamén o teu nome de usuario e contrasinal. - Por último pulsa en Conectar.
- Para acceder ós directorios de proxectos, introduce o nome de proxecto como carpeta, e para acceder ó scratch introduce
scratch
.
Acceso dende Windows 7
- Accede a Inicio » Equipo » Conectar a unidad de red.
- Cubre o formulario. En Carpeta introduce
\\172.16.242.41\nome.de.usuario
e pulsa en Finalizar. Introduce o contrasinal da conta do CITIUS cando cho pida. - Para acceder ós directorios de proxectos, introduce
\\172.16.242.41\nome.de.proxecto
e para acceder ó scratch introduce\\172.16.242.41\scratch
.
Preguntas frecuentes
Pódese acceder dende fóra da rede do centro?
Si, empregando a pasarela SSH ou a VPN. Tes máis información nesas páxinas.