Esta é unha revisión antiga do documento!
O CiTUS dispón dunha licenza dunha ferramenta de Vixianza Tecnolóxica desenvolta pola empresa Linknovate. Esta ferramenta é extremadamente potente e ten dúas funcionalidades principais:
- Desenvolver análises de vixianza tecnolóxcia. Por medio do análise de proxectos financiados, organizacións, publicacións, novas, patentes, etc.
- Xeneración de alertas personalizadas. Que permiten configurar a recepción de informes periódicos asociados a tópicos de interese.
A Unidade KMT do CiTIUS (citius.kmt@usc.es) proporciona os seguintes servizos asociados ao desenvolvemento de informes de vixianza:
- Asesoramento no uso da Plataforma Que pode ser solicitado por investigadores vinculados e/ou en formación. Contactando coa unidade KMT proporcionarase acceso á licenza aos investigadores interesados.
- Desenvolvemento de informes ad-hoc para proxectos estratéxicos.