Estás aquí: start » centro » servizos » vpn » ubuntu

Manual da VPN para Ubuntu 22.04

Esta é unha revisión antiga do documento!


Manual da VPN para Ubuntu 12.04 e 14.04

Instalación

  1. Descomprime o arquivo vpn-udp-22-nome.de.usuario-config.zip que podes atopar no teu directorio de usuario, na carpeta VPN.
  2. Abre o Centro de Software de Ubuntu e busca «network manager».
  3. No resultado «Red (network-manager-gnome)» preme en Máis información, marca o engadido «Network management framework (OpenVPN plugin GNOME GUI)» e preme en Aplicar cambios.
  4. No icono indicador de conexións de rede, accede a Conexións VPN » Configurar VPN. Selecciona Importar (En Ubuntu 14.04, selecciona «Engadir…» e na nova ventá elixe «Importar configuración gardada de VPN…») e busca o arquivo vpn-citius.ovpn que estaba dentro do arquivo zip.
  5. Na nova ventana, introduce o teu nome de usuario, e o teu contrasinal tanto no campo Contrasinal coma en Contrasinal da chave privada (o contrasinal é o mesmo en ambos casos).
  6. Na lapela Axustes de IPv4, pulsa en Rutas…. Na nova ventana, marca a opción Usar esta conexión só para os recursos na súa rede e preme Aceptar.
  7. Se queres resolver ben os nombres de equipos das redes da USC1): Nesa mesma lapela, no desplegable elixe Só direccións automáticas. No campo Servidores DNS pon 193.144.75.9, 193.144.75.12 e en Dominios de búsqueda introduce usc.es.
  8. Por último pulsa en Gardar…

Conectarse e desconectarse da VPN

Para conectarte, pulsa no icono indicador de conexións de rede e selecciona Conexións de rede » Conexións VPN » vpn-citius (o nome pode variar dependendo do nome da conexión que puxeras no proceso de instalación).

Para desconectarte, pulsa de novo no icono indicador de conexións de rede e selecciona Conexións de rede » Conexións VPN » Desconectar VPN.

1)
É preciso configurar esto para que se poida acceder correctamente a todos os servizos usando o seu nome, como o cloud e os servidores de licencias de Matlab e outros programas