Estás aquí: start » centro » servizos » vpn » ubuntu

Manual da VPN para Ubuntu 22.04

Instalación

  1. Descarga e descomprime o ficheiro vpn-UDP4-1194-config-2.5.2.ovpn desde o cartafol de VPN Files de Nextcloud.
  2. Na configuración de Ubuntu, vai a Redes.
  3. Na sección VPN, preme o botón +, escolle a opción Importar desde ficheiro… e selecciona o ficheiro descargado no paso anterior.
  4. Na pestana Identidade, introduce o teu nome de usuario e contrasinal.
  5. Na pestana IPv4, na sección DNS desmarca a opción Automático, introduce 193.144.75.9, 193.144.75.12 como se mostra na captura de pantalla e na sección Rutas marca a opción Usar só esta conexión para obter recursos na súa rede.
  6. Finalmente, fai clic no botón Engadir.

Conectar e desconectar da VPN

Para conectarte, toca os indicadores da esquina superior dereita e selecciona VPN » Conectar (se tes varias conexións VPN configuradas, terás que seleccionar a adecuada).

Para desconectar, toca de novo os indicadores e selecciona VPN » Desconectar.