Servidores de computación con Xeon Phi

Esta é unha revisión antiga do documento!


Servidores de computación con Xeon Phi

Descrición do servizo

Alta no servizo

Todos os usuarios do CITIUS poden acceder a este servizo, pero para iso deben solicitalo previamente a través do formulario de incidencias. Mentres non o fagan, recibirán unha mensaxe de contrasinal incorrecto ou de acceso denegado.

Manual de usuario

Conexión co servidor ctserv08

Para conectarse, debes facelo a través de SSH polo porto 1301 coas credenciais do CITIUS.

  • ctserv08.inv.usc.es - 172.16.242.155

A conexión só está dispoñible dende a rede do centro e co porto 1301. Para conectarse dende outras localizacións ou dende a rede da RAI é preciso facer uso da VPN ou da parasela SSH.

Usar a Xeon Phi

A tarxeta conta co software MPSS 3.5.1. Non é preciso conectarse ó coprocesador para executar un programa usando o modelo de programación offload (en inglés, offload programming model). Este modo está explicado na documentación de MPSS e utiliza o usuario especial micuser.

Para executar software nativo ou MPI, sí é preciso conectarse por SSH a mic0 coas mesmas credenciais que estás a usar no servidor:

  ssh mic0

Conexión coa estación de traballo ctws1

É posibel traballar na estación de traballo de forma presencial ou accedendo por ssh dende a red do centro. Para conectarse, debes facelo a través de SSH polo porto 1301 coas credenciais do CITIUS. Para conectarse dende outras localizacións ou dende a rede da RAI é preciso facer uso da VPN ou da parasela SSH.

  • ctws1.inv.usc.es - 172.16.243.187

Hay documentación en /opt/intel/parallel_studio_xe_2013/Documentation/

Referencias