Redireccionamentos Web / Reverse Proxy para WebApps
Descrición do servizo
Redireccionamentos web mediante proxy inverso que permiten acceder dende fóra do centro a aplicacións, en contorno de probas ou de produción, que estean instaladas en servidores da rede do centro, coma por exemplo no servizo de VPS.
O servizo pode ser utilizado por todos os usuarios do centro, accedendo a https://redirections.citius.gal. As entradas aplícanse de xeito automático nuns segundos, pero son supervisadas polo persoal técnico do centro.
Tipos de redireccionamento
O servizo compórtase de dous xeitos diferentes en función do tipo de redireccionamento elexido:
- WebApp Reverse Proxy: A ruta pública será “enrutada” a través dun reverse proxy cara a un servidor que normalmente só pode accederse dende a rede do centro. Deste xeito, pódese facer público o acceso a ferramentas servidas desde servizos como o de VPS.
- True Redirection: Os clientes que accedan á ruta pública serán redirixidos directamente ao destino, sen intermediarios. Deste xeito, poden preservarse ligazóns que cambian de nome ou queren dirixirse a novos lugares.