Esta é unha revisión antiga do documento!
Pasarela SSH
Descrición do servizo
Proporciona acceso a un equipo da rede interna do centro a través de SSH dende o exterior. Este servizo está pensado para poder acceder á rede do centro en casos onde non é posible facer uso da VPN.
Alta no servizo
A alta debe solicitarse mediante o formulario de peticións e incidencias. Para acceder ó formulario precisas usuario e contrasinal do CiTIUS. Se tes problemas recordando o usuario ou contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es.
Na alta debes engadir unha chave pública, que se corresponda coa chave privada que usarás para conectarte á pasarela. Debes xerar ti mesmo a chave pública e incluila na incidencia.
Tamén debes engadir unha chave pública na túa conta, no apartado «Conta e permisos» de Xici
Para xerar as chaves, dende unha terminal executa:
ssh-keygen -t rsa
Introduce un contrasinal para protexer as túas chaves. Isto xerará os arquivos ~/.ssh/id_rsa
(a chave privada) e ~/.ssh/id_rsa.pub
(a chave pública). Esta última é a que debes enviar na incidencia.
Manual de usuario
Datos de conexión
- Servidor:
vpn.citius.usc.es
(193.144.83.110
) - Porto:
22
- Usuario: O teu usuario do CiTIUS
- Contrasinal: O contrasinal da tua chave privada. Se non recordas o contrasinal debes xerar un novo par de chaves e volver a enviarnos a chave pública.
Conexión simple dende GNU/Linux
Para conectar, podes facer uso do comando SSH. Opcionalmente, podes especificar a localización da chave privada, se non se atopa na sua localización por defecto.
ssh -i ~/.ssh/id_rsa nome.usuario@vpn.citius.usc.es
Unha vez conectado, podes conectarte a outros equipos do centro, por exemplo ó teu equipo de traballo. Recorda que podes acendelo (e apagalo) facendo uso do servizo de acendido e apagado remoto.
Conexión simple dende Windows
Podes utilizar o programa PuTTY, facendo uso dos mesmos datos facilitados arriba.
Para conectar, é preciso converter previamente a chave privada do formato SSH ó formato de PuTTY. Podes facelo con PuTTYgen que podes atopar na mesma páxina de PuTTY. Para facelo:
- Accede ó menú Conversions » Import key.
- Localiza a chave privada en formato SSH (o nome por defecto é
id_rsa
). - Introduce a chave de paso, se a tivese.
- Preme no botón Save private key e selecciona un lugar onde gardar o arquivo
.ppk
xerado.
Unha vez teñas o arquivo con extensión ppk
, podes usalo no campo Private key file tanto de PuTTY coma de WinSCP.
Conexión a un servizo facendo un túnel SSH
Podes usar a pasarela SSH para acceder a un servizo do CITIUS, mapeando os portos necesarios da máquina que ofrece o servizo a túa máquina local.
Por exemplo, podes acceder ó almacenamento a través de SSH se mapeas así o servizo:
ssh -i ~/.ssh/id_rsa nome.usuario@vpn.citius.usc.es -L 8000:172.16.242.41:22
Unha vez conectado, podes acceder ós arquivos a través de SSH na dirección 127.0.0.1:8000
. Deste mesmo xeito podes acceder a outros servizos.
Tamén se pode facer dende Windows, a través do programa WinSCP. Para facelo, debes premer en Advanced options e cubrir os datos de conexión no panel Tunnel.