Estás aquí: start » centro » servizos » cloud » uso_responsable

Uso responsable do Cloud

>>Páxina principal do Cloud

Uso responsable do Cloud

O cloud pon a disposición dos investigadores unha serie de recursos limitados. Disponse dos seguintes recursos:

  • Espazo de almacenamento primario: 6,5 TB.
  • Espazo de almacenamento secundario1): 2 TB.
  • Procesamento: 287 Ghz.
  • Memoria: 300 GB.
  • Direccións IP en rede de investigación: 100.

É importante que sigas as seguintes recomendacións para asegurar que os recursos que non precises estean dispoñibles para os demais investigadores.

Ao crear unha nova máquina virtual

  1. Elixe un Compute offering axeitado ás necesidades que teñas. Para a maioría das aplicacións web, aínda que requiran un certo procesamento, será suficiente o offering Cloud 2. Podes cambialo máis adiante, así que podes elixir un valor conservador e cambialo mañá se precisas máis.
  2. Só elixe un Disk offering se precisas espazo de almacenamento adicional. Ten en conta que este almacenamento engadirase como un disco máis, e precisas configuralo manualmente no sistema operativo para que estea dispoñible. Podes engadir almacenamento máis adiante, así que só elixe un neste momento se estás seguro de que vai ser preciso.
  3. En Network elixe unha rede existente, de habela, no canto de crear redes a maiores. Ao crear a túa primeira máquina non terás ningunha rede. Cada rede creada consome un IP na rede de investigación.

Ao eliminar unha máquina virtual

  1. As máquinas virtuais non se eliminan realmente até pasadas unhas horas, así que as seguintes operacións non se poderán facer inmediatamente tras eliminalas, senón que haberá que esperar.
  2. Ao eliminarse unha máquina, se era a última máquina dunha rede, a rede non se elimina automaticamente. Debes entrar na apartado Network e borrala.
  3. Os discos de almacenamento adicionais tampouco se borran automaticamente. Debes entrar no apartado Storage e borralos.

Para máquinas existentes

  1. Se tes máis dunha rede e non estás seguro de por que, é recomendable que empregues unha única rede para deixar dispoñibles o maior número de IPs posibles para que outros poidan utilizalas. Debes engadir todas as máquinas á mesma rede e establecela como rede por defecto. Logo eliminar a rede ou redes que queiras eliminar das máquinas, e finalmente eliminar a rede. Se aínda seguindo todos os pasos recibes un erro borrando a rede, consulta cos sysadmins.
  2. Se tes asignado máis dun disco de almacenamento e non os estás usando, ou tes discos sen asignar no apartado Storage, debes eliminalos.
  3. Comproba o Compute offering asignado a cada máquina. Se é demasiado alto (5 ou máis) asegúrate de que precisas tanto procesamento e memoria. Proba a reducir o offering a un inferior, se é posible. Para poder facer isto, debes apagar antes a máquina.
1)
Aquí almacénanse os persoais e o ISO unicamente