Esta é unha revisión antiga do documento!
Maker Lab
O Maker Lab é un espazo de uso común que ten por obxectivo convertir en tanxibles ideas que requiran crear e construir obxectos físicos, coas medidas de seguridade axeitadas, facendo uso das ferramentas e os postos de traballo adaptados que se proporcionan.
Este espazo conta con varios bancos de traballo fixos e móbiles, ferramentas de taller variadas (como desparafusadores, alicates, limas, serras…), funxible de electrónica e ferrallería (parafusos, noces, cables, pequenos componentes electrónicos, Arduinos…), maquinaria especializada (impresoras 3D de filamento, de resina e fresadora CNC) e o equipamento de protección necesario para o seu uso.
Solicitude de acceso
Para ter acceso ao Maker Lab, é preciso enviar unha solicitude de acceso aceptando as condicións, que inclúen o cumprimento estrito das normas de convivencia do espazo e das medidas de seguridade indicadas para cada actividade.
Normativa
Normas de convivencia
- É preciso unirse ao grupo de Telegram do Maker Lab para facilitar a coordinación.
- Só poden acceder ao espazo as persoas autorizadas. As persoas autorizadas poden consultar a listaxe completa a través do cartafol de Nextcloud.
- O material e as instalacións deben utilizarse seguindo as normas de seguridade e as indicacións enlazadas nesta wiki e nos carteis dispostos no mesmo espazo de traballo.
- As ferramentas e os restos de material funxible teñen un lugar asignado que está debidamente etiquetado. Ao rematar o seu uso, debes devolvelos ao seu sitio.
- As ferramentas son para uso exclusivo dentro das instalacións do Maker Lab. En caso de ter un bo motivo para levar algunha ferramenta, debe notificarse no tema de Telegram correspondente.
- En caso de atopar material deteriorado, fora do seu sitio ou detectar que falta, debe notificarse no tema de Telegram correspondente, con fotos en caso de ser relevante.
- As superficies de traballo deben manterse libres dentro do posible. Os usuarios do Maker Lab poden asignarse un cubículo no Armario de Proxectos (armario nº 3) onde deixar as súas cousas.
- É preciso facer unha reserva previa das ferramentas clasificadas como maquinaria especializada (impresoras 3D, CNC, etc.) usando a aplicación de reservas.
- Cando estea reservado o Plató Virtual, non será posible utilizar ferramentas que emitan ruído ou vibracións, e debe consultarse a descrición da reserva do Plató Virtual por se tivesen algunha necesidade especial ao respecto.
- En caso de facerse unha revisión significativa das normas de convivencia, deben volver a aceptarse. Notificarase a todas as persoas interesadas con antelación suficiente.
(última actualización 15/02/2023)
Normas de seguridade
- O Maker Lab conta con gafas de protección, roupa de traballo e guantes de seguridade de uso común, así coma guantes, protectores de pelo e calzado desvotables.
- Os usuarios e usuarias habituais poden solicitar gafas de protección, roupa de traballo ou guantes de seguridade de uso individual enviando o seguinte formulario. Este material debe gardarse no Armario de Seguridade (debaixo da pantalla) debidamente etiquetado.
- As ferramentas deben utilizarse seguindo as indicacións de seguridade do fabricante, as indicacións enlazadas nesta wiki e nos carteis dispostos no mesmo espazo de traballo.
- As ferramentas clasificadas como maquinaria especializada (impresoras 3D, CNC, etc.) requiren dunha habilitación específica antes de poder ser utilizadas, debido á complexidade no seu uso e ás súas normas de seguridade. A listaxe de persoas autorizadas para o uso destas ferramentas pode ser consultada por todas as persoas con acceso a través do cartafol de Nextcloud.
- En caso de facerse unha revisión significativa das normas de seguridade, deben volver a aceptarse.
(última actualización 15/02/2023)
Instalacións e material dispoñibles
Ferramentas
- Ferramentas no panel portaferramentas:
- Chaves de parafusos de varios tipos
- Alicates universais, de corte lateral, de punta
- Pico de loro
- Martelo
- Limas para madeira e metal
- Tesoiras
- (Falta-Comprar) Mazo
- (Falta-Comprar) Chaves inglesas
- (Falta-Comprar) Xogo de chaves fixas
- (Falta-Comprar) Xogo de chaves allen
- Ferramentas no armario metálico de ferramentas:
- Caixa de ingletes para cortes
- Serra de man para madeira
- Serra de man para metal
- Pistola para cola termofusible
- Cortador (cutter) e táboa de corte milimetrada de tamaño DIN A3
- Multímetro
- Pelacables
- Calibre electrónico
- Ferramentas fixadas nas mesas de traballo:
- Flexo con lupa
- Parafuso de mesa
- Ordenador portátil para facilitar o uso da maquinaria especializada.
Funxible de electrónica e ferrallería
- Microcontroladores (Por razons de inventariado, é preciso notificar polo grupo de Telegram o emprego destes compoñentes)
- 3 Particle Boron LTE
- 5 ELEGOO UNO R3
- 2 Arduino UNO
- 2 BQ Zum BT-328
- 2 Raspberry Pi Zero W
- 1 Raspberry Pi4 e carcasa
- 1 Particle PHOTON 2020
- Sensores e actuadores para Arduino e outros microcontroladores
- Leds de varios tipos e laser
- Infrarojos
- Botons e joystics
- Ultrasonidos
- Altofalantes, micrófonos e buzzers
- Potenciómetros/reguladores
- Sensores de temperatura e humidade
- Sensores de luz
- Drivers de motor
- Outros sensores de diversos tipos
- Servos:
- Tower pro micro servo 9G SG90
- Tower pro SG-5010
- PRO MG 995 DIGI HI-SPEED
- Outros servos soltos de diferentes tipos
- Placas de prototipado (protoboards)
- Cables de prototipado con conectores DuPont de varios tipos
- Cables mini USB e micro USB
- Displays LCD Keypad shield e outros tipos
- Lectores de NFC para Arduino
- Lectores de NFC de sobremesa (USB)
- Displays de 7 segmentos
- Pequenos componentes electrónicos variados (leds, resistencias, condensadores, sensores, relés, diodos, transistores…)
- Tornillería variada
- Bridas
Maquinaria especializada
Para empregar a seguinte maquinaria especializada é obrigatorio cursar unha formación específica para habilitación que debe solicitarse a través deste formulario. Ademáis, cada vez que se utilicen é preciso facer unha reserva previa na aplicación de reservas.
-
- Guía esencial de uso e seguridade (en construcción)
-
- Guía esencial de uso e seguridade (en construcción)
-
- Guía esencial de uso e seguridade: (en construcción)
-
- Guía esencial de uso e seguridade (en construcción)
Máis información
As persoas con acceso ao Maker Lab teñen á súa disposición unha carpeta compartida en Nextcloud con máis información, incluíndo manuais e ligazóns adicionais e unha listaxe de todas as persoas con acceso ao espazo.