Maker Lab
O Maker Lab é un espazo de uso común que ten por obxectivo convertir en tanxibles ideas que requiran crear e construir obxectos físicos, coas medidas de seguridade axeitadas, facendo uso das ferramentas e os postos de traballo adaptados que se proporcionan.
Este espazo conta con varios bancos de traballo fixos e móbiles, ferramentas de taller variadas (como desparafusadores, alicates, limas, serras…), funxible de electrónica e ferrallería (parafusos, noces, cables, pequenos componentes electrónicos, Arduinos…), maquinaria especializada (impresoras 3D de filamento, fresadora CNC …) e o equipamento de protección necesario para o seu uso.
Solicitude de acceso
Para ter acceso ao Maker Lab, é preciso enviar unha solicitude de acceso aceptando as condicións, que inclúen o cumprimento das normas de convivencia do espazo e das medidas de seguridade indicadas para cada actividade.
Normativa
Normas de convivencia
- É preciso unirse ao grupo de Telegram do Maker Lab para facilitar a coordinación.
- Só poden acceder ao espazo as persoas autorizadas. As persoas autorizadas poden consultar a listaxe completa a través do cartafol de Nextcloud.
- O material e as instalacións deben utilizarse seguindo as normas de seguridade e as indicacións enlazadas nesta wiki e nos carteis dispostos no mesmo espazo de traballo.
- As ferramentas e o material funxible teñen un lugar asignado que está debidamente etiquetado. Ao rematar o seu uso, debes devolvelos ao seu sitio.
- As ferramentas son para uso exclusivo dentro das instalacións do Maker Lab. En caso de ter un bo motivo para sacar de alí algunha ferramenta, debe notificarse no tema de Telegram correspondente.
- En caso de atopar material deteriorado, fora do seu sitio ou detectar que falta, debe notificarse no tema de Telegram correspondente, con fotos en caso de ser relevante.
- As superficies de traballo deben manterse libres dentro do posible. Os usuarios do Maker Lab poden asignarse un cubículo no Armario de Proxectos (armario nº 3) onde deixar as súas cousas.
- É preciso facer unha reserva previa das ferramentas clasificadas como maquinaria especializada (impresoras 3D, CNC, etc.) usando a aplicación de reservas.
- Cando estea reservado o Plató Virtual, non será posible utilizar ferramentas que emitan ruído ou vibracións, e debe consultarse a descrición da reserva do Plató Virtual por se tivesen algunha necesidade especial ao respecto.
- En caso de facerse unha revisión significativa das normas de convivencia, deben volver a aceptarse. Notificarase a todas as persoas interesadas con antelación suficiente.
(última actualización 15/02/2023)
Normas de seguridade
- O Maker Lab conta con gafas de protección, roupa de traballo e guantes de seguridade de uso común, así coma guantes, protectores de pelo e calzado desvotables.
- Os usuarios e usuarias habituais poden solicitar gafas de protección, roupa de traballo ou guantes de seguridade de uso individual enviando o seguinte formulario. Este material debe gardarse no Armario de Seguridade (debaixo da pantalla) debidamente etiquetado.
- As ferramentas deben utilizarse seguindo as indicacións de seguridade do fabricante, as indicacións enlazadas nesta wiki e nos carteis dispostos no mesmo espazo de traballo.
- As ferramentas clasificadas como maquinaria especializada (impresoras 3D, CNC, etc.) requiren dunha habilitación específica antes de poder ser utilizadas, debido á complexidade no seu uso e ás súas normas de seguridade. A listaxe de persoas autorizadas para o uso destas ferramentas pode ser consultada por todas as persoas con acceso a través do cartafol de Nextcloud.
- En caso de facerse unha revisión significativa das normas de seguridade, deben volver a aceptarse.
(última actualización 15/02/2023)
Instalacións e material dispoñibles
Maquinaria especializada
Para empregar a seguinte maquinaria especializada é obrigatorio cursar unha formación específica para habilitación que debe solicitarse a través deste formulario. Ademáis, cada vez que se utilicen é preciso facer unha reserva previa na aplicación de reservas.
Ferramentas
- Ferramentas no panel porta ferramentas:
- Chaves de parafusos
- Chaves de parafusos fixas estandar
- Chave de parafuso con punta intercambiable
- Chaves de parafusos de precisión
- (Falta-Comprar) Chaves inglesas
- Xogo de chaves Allen
- Alicates
- Alicate universal
- Alicate de punta longa
- (Falta-Comprar) Alicate de corte
- Alicates de precisión
- Pico de loro
- Martelo
- Mazo
- Nivel grande e pequeno
- Metro
- Limas
- Limas de madeira e metal
- Limas de precisión
- Tesoiras
- Cortador (cutter) e táboa de corte milimetrada de tamaño DIN A3
- Útiles para marcar
- Ferramentas no armario metálico de ferramentas:
- Soldador (revisar)
- Caixa de ingletes
- Serras
- Serra de man para madeira
- Serra de man para metal
- Sargentos
- Pistola para cola termofusible
- Multímetro
- Pelacables
- Calibre electrónico
- Balanza dixital
- Ferramentas nas mesas de traballo:
- Flexo con lupa e brazos de suxección
- Parafuso de mesa
- Soporte para dremel
- Ordenador portátil para facilitar o uso da maquinaria especializada.
(última actualización 15/09/2026)
Funxible de electrónica e ferrallería
- Microcontroladores e placas de desenvolvemento
- 3 Particle Boron LTE
- 5 ELEGOO UNO R3
- 2 Arduino UNO
- 2 BQ Zum BT*328
- 2 Raspberry Pi Zero W
- 1 Raspberry Pi 4 con carcasa
- 1 Particle Photon 2020
Por razóns de inventariado, é preciso notificar polo grupo de Telegram o emprego destes compoñentes.
- Sensores e módulos electrónicos
- Sensores de luz
- Sensores infravermellos
- Sensores de ultrasóns
- Sensores de temperatura e humidade
- Sensores de humidade do solo
- Botóns e joysticks
- Potenciómetros
- Módulos LED
- Actuadores
- Servomotores
- Tower Pro SG*5010
- Tower Pro SG90 9 g
- Tower Pro MG995
- Outros servomotores e accesorios
- Prototipado e conexión
- Placas de prototipado (*protoboards*)
- Cables DuPont de varios tipos
- Conectores de alimentación DC
- Fontes e cables de alimentación
- Cables mini USB
- Cables micro USB
- Displays e interfaces
- Displays de 7 segmentos
- Displays LCD
- LCD Keypad Shield
- Lectores RFID/NFC
- Identificadores RFID
- Chaveiros/tags RFID
- Tarxetas RFID
- Lectores RFID/NFC de sobremesa con conexión USB
- Accesorios Raspberry Pi
- Raspberry Pi Camera Module V2
- Fontes de alimentación para Raspberry Pi
- Compoñentes electrónicos
- LEDs de varios tipos
- Resistencias
- Condensadores
- Diodos
- Transistores
- Relés
- Buzzers
- Altofalantes
- Micrófonos
- Drivers de motor
- Outros pequenos compoñentes electrónicos
- Ferrallería
- Parafusos variados
- Porcas variadas
- Arandelas
- Bridas
- Outros accesorios
- Pinzas de cocodrilo
- Chaves Allen e pequenos útiles
- Elementos variados para montaxe
(última actualización 15/09/2026)
Máis información
As persoas con acceso ao Maker Lab teñen á súa disposición un cartafol compartido en Nextcloud con máis información, incluíndo manuais, arquivos adicionais e unha listaxe de todas as persoas con acceso ao espazo.