Esta é unha revisión antiga do documento!
Impresoras e Fotocopiadora/Escáner
As impresoras só están dispoñibles a través da rede cableada, non da wifi. Se queres acceder ás impresoras a través da wifi, precisas estar conectado á VPN.
Listaxe de impresoras a disposición dos investigadores
Nome | Modelo | IP | Localización |
---|---|---|---|
ctprints1.citius.gal | Xerox VersaLink B400 | 192.168.196.148 | Corredor do semisoto |
ctprint01.citius.gal | Xerox VersaLink B400 | 192.168.196.149 | Corredor da planta baixa |
ctprint03.citius.gal | Xerox VersaLink C405 | 192.168.196.153 | Secretaría (COLOR) |
ctprint11.citius.gal | Xerox VersaLink B400 | 192.168.196.151 | Corredor do primeiro andar |
ctprint21.citius.gal | Xerox VersaLink B400 | 192.168.196.152 | Corredor do segundo andar |
ctprint05.citius.gal | HP LaserJet P4015 (antiga) | 192.168.196.155 | Corredor da planta baixa |
Impresión en cor
A única impresora na que os investigadores poden imprimir en cor é a ctprint03. Débense recoller os traballos impresos en secretaría nas horas nas que está aberta.
Bandexas e papel
Xerox VersaLink B400
As bandexas están configuradas do seguinte xeito:
- Bandexa 1: Papel branco
- Bandexa 2: Papel reciclado
A bandexa por defecto é a 1, polo que, se non se selecciona a bandexa, a impresora imprimirá empregando papel branco. Se se desexa imprimir en papel reciclado, compre seleccionar a bandexa superior ou o tipo de papel.
No armario hai dispoñible papel branco e reciclado. No caso de rematarse, os investigadores poden pedir que se repoña en portería.
HP LaserJet p4015x
As bandexas están configuradas do seguinte xeito:
- Bandexa 1 (Bandexa manual): Calquera tipo (seleccionar o tipo de papel á hora de imprimir)
- Bandexa 2: Papel branco
- Bandexa 3: Papel reciclado
A bandexa por defecto é a 3, polo que, se non se selecciona a bandexa, a impresora imprimirá empregando papel reciclado. Se se desexa imprimir en papel branco, compre seleccionar a bandexa superior.
No armario hai dispoñible papel branco e reciclado. No caso de rematarse, os investigadores poden pedir que se repoña en portería.
Xerox VersaLink C405
As bandexas están configuradas do seguinte xeito:
- Bandexa 1: Papel branco
- Bandexa 2: Papel reciclado
Cambio de tóner
A impresoras avisan que o tóner estase a esgotar cando aínda pode imprimir unhas 200 páxinas. O tóner cambiarase cando a impresora comece a presentar impresións de baixa calidade, e non cando a impresora presente o aviso.
Para cambiar o tóner, débese avisar á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC a través do formulario de incidencias.
Instrucións da Fotocopiadora/Escáner
Drivers
As impresoras instálanse automáticamente en Windows 10.
Para distribucións de Linux e outros sistemas, é recomendable utilizar os seguintes arquivos PPD para as impresoras Xerox: