Estás aquí: start » centro » instalacions » impresoras

Impresoras e Fotocopiadora/Escáner

Esta é unha revisión antiga do documento!


Impresoras e Fotocopiadora/Escáner

As impresoras só están dispoñibles a través da rede cableada, non da wifi. Se queres acceder ás impresoras a través da wifi, precisas estar conectado á VPN.

Listaxe de impresoras a disposición dos investigadores

Nome Modelo IP Localización
ctprints1.citius.gal Xerox VersaLink B400 192.168.196.148 Corredor do semisoto
ctprint01.citius.gal Xerox VersaLink B400 192.168.196.149 Corredor da planta baixa
ctprint03.citius.gal Xerox VersaLink C405 192.168.196.153 Secretaría (COLOR)
ctprint11.citius.gal Xerox VersaLink B400 192.168.196.151 Corredor do primeiro andar
ctprint21.citius.gal Xerox VersaLink B400 192.168.196.152 Corredor do segundo andar
ctprint05.citius.gal HP LaserJet P4015 (antiga) 192.168.196.155 Corredor da planta baixa

Impresión en cor

A única impresora na que os investigadores poden imprimir en cor é a ctprint03. Débense recoller os traballos impresos en secretaría nas horas nas que está aberta.

Bandexas e papel

Impresora HP LaserJet p4015x

HP LaserJet p4015x

As bandexas están configuradas do seguinte xeito:

  • Bandexa 1 (Bandexa manual): Calquera tipo (seleccionar o tipo de papel á hora de imprimir)
  • Bandexa 2: Papel branco
  • Bandexa 3: Papel reciclado

A bandexa por defecto é a 3, polo que, se non se selecciona a bandexa, a impresora imprimirá empregando papel reciclado. Se se desexa imprimir en papel branco, compre seleccionar a bandexa superior.

No armario hai dispoñible papel branco e reciclado. No caso de rematarse, os investigadores poden pedir que se repoña en portería.

Ricoh Aficio MP C2051

As bandexas das impresoras están configuradas do seguinte xeito:

  • Bandexa 1 (Bandexa manual): Calquera tipo (seleccionar o tipo de papel á hora de imprimir)
  • Bandexa 2 (Bandexa superior): Papel branco A4
  • Bandexa 3 (Bandexa inferior): Papel branco A3
Impresora HP Color LaserJet CP5225

HP Color LaserJet CP5225

As bandexas están configuradas do seguinte xeito:

  • Bandexa 1 (Bandexa manual): Calquera tipo (seleccionar o tipo de papel á hora de imprimir)
  • Bandexa 2 (): Papel branco A4
  • Bandexa 3 (): Papel branco A3

Cambio de tóner

A impresoras avisan que o tóner estase a esgotar cando aínda pode imprimir unhas 200 páxinas. O tóner cambiarase cando a impresora comece a presentar impresións de baixa calidade, e non cando a impresora presente o aviso.

Para cambiar o tóner, débese avisar á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC a través do formulario de incidencias.

Instrucións da Fotocopiadora/Escáner