Esta é unha revisión antiga do documento!
Impresoras e Fotocopiadora/Escáner
As impresoras só están dispoñibles a través da rede cableada, non da wifi. Se queres acceder ás impresoras a través da wifi, precisas estar conectado á VPN.
Listaxe de impresoras a disposición dos investigadores
Nome | Modelo | IP antiga | IP nova1) | Localización |
---|---|---|---|---|
ctprints1 | HP LaserJet p4015x | 172.16.243.160 | 192.168.196.148 | Corredor do semisoto |
ctprint01 | HP LaserJet p4015x | 172.16.243.161 | 192.168.196.149 | Corredor da planta baixa |
ctprint03 | HP Color LaserJet CP5225 | 172.16.243.165 | 192.168.196.153 | Secretaría |
ctprint11 | HP LaserJet p4015x | 172.16.243.163 | 192.168.196.151 | Corredor do primeiro andar |
ctprint21 | HP LaserJet p4015x | 172.16.243.164 | 192.168.196.152 | Corredor do segundo andar |
Listaxe de impresoras co seu uso restrinxido á Secretaría e Dirección
Nome | Modelo | IP antiga | IP nova 2) | Localización |
---|---|---|---|---|
ctprint04 | HP LaserJet M2727nf | 172.16.243.166 | 192.168.196.154 | Secretaría |
Impresión en cor
A única impresora na que os investigadores poden imprimir en cor é a ctprint03. Débense recoller os traballos impresos en secretaría nas horas nas que está aberta.
Bandexas e papel
HP LaserJet p4015x
As bandexas están configuradas do seguinte xeito:
- Bandexa 1 (Bandexa manual): Calquera tipo (seleccionar o tipo de papel á hora de imprimir)
- Bandexa 2: Papel branco
- Bandexa 3: Papel reciclado
A bandexa por defecto é a 3, polo que, se non se selecciona a bandexa, a impresora imprimirá empregando papel reciclado. Se se desexa imprimir en papel branco, compre seleccionar a bandexa superior.
No armario hai dispoñible papel branco e reciclado. No caso de rematarse, os investigadores poden pedir que se repoña en portería.
Ricoh Aficio MP C2051
As bandexas das impresoras están configuradas do seguinte xeito:
- Bandexa 1 (Bandexa manual): Calquera tipo (seleccionar o tipo de papel á hora de imprimir)
- Bandexa 2 (Bandexa superior): Papel branco A4
- Bandexa 3 (Bandexa inferior): Papel branco A3
HP Color LaserJet CP5225
As bandexas están configuradas do seguinte xeito:
- Bandexa 1 (Bandexa manual): Calquera tipo (seleccionar o tipo de papel á hora de imprimir)
- Bandexa 2 (): Papel branco A4
- Bandexa 3 (): Papel branco A3
Cambio de tóner
A impresoras avisan que o tóner estase a esgotar cando aínda pode imprimir unhas 200 páxinas. O tóner cambiarase cando a impresora comece a presentar impresións de baixa calidade, e non cando a impresora presente o aviso.
Para cambiar o tóner, débese avisar á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC a través do formulario de incidencias.