Esta é unha revisión antiga do documento!
Impresoras
As impresoras só están dispoñibles a través da rede cableada, non da wifi. Se queres acceder ás impresoras a través da wifi, precisas estar conectado á VPN.
Listaxe de impresoras a disposición dos investigadores
Nome | Modelo | IP | Localización |
---|---|---|---|
ctprints1 | HP LaserJet p4015x | 172.16.243.160 | Corredor do semisoto |
ctprint01 | HP LaserJet p4015x | 172.16.243.161 | Corredor da planta baixa |
ctprint02 | Ricoh Aficio MP C2051 | 172.16.243.162 | Corredor da planta baixa (fotocopiadora) |
ctprint03 | HP Color LaserJet CP5225 | 172.16.243.165 | Secretaría |
ctprint11 | HP LaserJet p4015x | 172.16.243.163 | Corredor do primeiro andar |
ctprint21 | HP LaserJet p4015x | 172.16.243.164 | Corredor do segundo andar |
Listaxe de impresoras co seu uso restrinxido á Secretaría e Dirección
Nome | Modelo | IP | Localización |
---|---|---|---|
ctprint04 | HP LaserJet M2727nf | http://172.16.243.166 | Secretaría |
Impresión en cor
A única impresora na que os investigadores poden imprimir en cor é a ctprint03. Débense recoller os traballos impresos en secretaría nas horas nas que está aberta.
Bandexas e papel
HP LaserJet p4015x
As bandexas están configuradas do seguinte xeito:
- Bandexa 1 (Bandexa manual): Calquera tipo (seleccionar o tipo de papel á hora de imprimir)
- Bandexa 2: Papel branco
- Bandexa 3: Papel reciclado
A bandexa por defecto é a 3, polo que, se non se selecciona a bandexa, a impresora imprimirá empregando papel reciclado. Se se desexa imprimir en papel branco, compre seleccionar a bandexa superior.
No armario hai dispoñible papel branco e reciclado. No caso de rematarse, os investigadores poden pedir que se repoña en portería.
Ricoh Aficio MP C2051
As bandexas das impresoras están configuradas do seguinte xeito:
- Bandexa 1 (Bandexa manual): Calquera tipo (seleccionar o tipo de papel á hora de imprimir)
- Bandexa 2 (Bandexa superior): Papel branco A4
- Bandexa 3 (Bandexa inferior): Papel branco A3
HP Color LaserJet CP5225
As bandexas están configuradas do seguinte xeito:
- Bandexa 1 (Bandexa manual): Calquera tipo (seleccionar o tipo de papel á hora de imprimir)
- Bandexa 2 (): Papel branco A4
- Bandexa 3 (): Papel branco A3
Cambio de tóner
A impresoras avisan que o tóner estase a esgotar cando aínda pode imprimir unhas 200 páxinas. O tóner cambiarase cando a impresora comece a presentar impresións de baixa calidade, e non cando a impresora presente o aviso.
Para cambiar o tóner, débese avisar á Unidade de Xestión de Infraestruturas TIC a través do formulario de incidencias.
Configuración das impresoras
Ubuntu CITIUS
As impresoras instálanse automaticamente.
Outras distribucións de GNU/Linux
Descarga o seguinte arquivo: impresoras-version-20130116.tar
wget http://wiki.citius.usc.es/_media/centro:instalacions:impresoras-version-20130116.tar
Detén o servizo de cups. Para distribucións baseadas en Debian ou Ubuntu:
/etc/init.d/cups stop
Descomprime o arquivo descargado, de forma que sobrescriba a configuración actual de cups. Este proceso sobrescribirá todas as impresoras que teñas instaladas no sistema.
tar -C / xfv ~/centro:instalacions:impresoras-version-20130116.tar
Copia o arquivo de configuración do teu andar co nome correcto, por exemplo, para o segundo andar:
cp /etc/cups/printers.conf.p2 /etc/cups/printers.conf
Entón volve a iniciar cups, ou ben reinicia o sistema. Para distribucións baseadas en Debian ou Ubuntu:
/etc/init.d/cups start
Lembra cambiar a impresora predeterminada á impresora do teu andar.
Windows 7 SP1 64 bits
- Para Windows 7 Enterprise descarga arquivo impresoras-W7Ent. Para Windows 7 Professional descarga arquivo impresoras-W7Pro
- Ir a Panel de control > Todos los elementos de Panel de control > Herramientas administrativas > Administración de impresión o ejecuta printmanagement.msc .
- Dentro do apartado Servidores de impresión, pulsar o botón dereito na máquina local, e seleccionar Importar impresoras desde un archivo.
- Escoller o arquivo descargado anteriormente, e darlle a Siguiente até que remate.
- Segundo o andar, poñer a impresora predeterminada correspondente.
Instruccións da Fotocopiadora
Xuntar correo partido en varias partes
Se un escaneo pasa de 10MB, a impresora partirá o arquivo en varios correos. Os arquivos están en formato base64, cunha cabeceira e pé que debes borrar. Logo debes concatenalos e convertilos a binario.
Supoñendo un arquivo dividido en 4 partes, chamadas parte1
, parte2
, parte3
e parte4
:
cat parte1 parte2 parte3 parte4 > unido.txt
Entón, abres unido.txt
con un editor de texto e borras as liñas da cabeceira, como na seguinte imaxe:
E o mesmo ó final do arquivo:
Por último, gardas e convertes o arquivo a binario:
base64 --decode unido.txt > archivo.pdf