Esta é unha revisión antiga do documento!
Creación e actualización de perfís científicos
Esta guía é unha axuda para a creación e actualización dos perfís científicos en ORCID, ResearcherID, Web of Science, Scopus e Google Scholar. Inclúe pasos indicativos sobre os mecanismos para a alta e asociación de publicacións aos perfís científicos.
ORCID
A USC publicou unha Guía para crear e completar un rexistro en ORCID, na que se pode consultar o procedemento para dar de alta unha conta, engadir publicacións e importalas dende outras redes como Scopus, ResearcherID ou Google Scholar.