Estás aquí: start » centro » comunicacion » redes_sociais

Redes Sociais

Esta é unha revisión antiga do documento!


Uso das Redes Sociais para a difusión da actividade científica

Cada vez é máis relevante a difusión da actividade nas redes sociais. Recoméndase:

  • Difundir por medio de Twitter as nosas publicacións relevantes e actividade destacada (participación en eventos, congresos, etc.).
  • Manter actualizado o noso perfil de Linkedin, xa que é a primeira canle pola que normalmente se accede á nosa historia profesional.
  • A difusión de resultados relevantes por medio da autoproducción de contidos que pode ser publicada en Youtube.

De igual modo, estanse a consolidar algunhas tendencias orientadas a recoller o impacto das publicacións non orixinado unicamente polas citas dos artigos. O seguimento deste indicadores coñécese como Altmetría. Existen ademais diversas publicacións que evidencian o aumento do impacto que se consegue cando se incrementa o uso das redes sociais.