Táboa de Contidos

Creación e actualización de perfís científicos

Información sobre a creación de perfís científicos en ORCID, ResearcherID, Web of Science, Scopus e Google Scholar.

ORCID

A USC publicou unha Guía para crear e completar un rexistro en ORCID, na que se pode consultar o procedemento para dar de alta unha conta, engadir publicacións e importalas dende outras redes como Scopus, ResearcherID ou Google Scholar.

Scopus

Scopus permite a procura do perfil de usuario por apelido e código ORCID. Mediante a funcionalidade “Edit profile” pódense buscar artigos para engadir ao perfil ou exportar os resultados, incluindo o formato FECYT CVN.

ResearchID

ResearchID permite a xestión dos pefís de investigación de Web of Science. Neste momento a xestión do perfil de Web of Science faise coa ferramenta Publons.

Esta ferramenta permite a xestión de publicación do pefil, a exportación do pefil, o seguimento de citas e a xestión de revisións por pares.

Google Scholar

Google permite a creación de perfís sempre que se dispoña dunha dirección de Gmail. Pódense engadir publicacións no seguinte menú.

Research Gate

Researh Gate é unha rede de investigadores que permite compartir os nosos artigos e conta con moitas outras funcionalidades. Aconséllase subir os artigos en formato preprint para non entrar en conflicto coas políticas de compartición de artigos das diferentes editoriais.