Podes descargar aquí o manual de identidade corporativa do CiTIUS (en español). Nesta páxina poderás atopar información sobre os logotipos necesarios e a tipografía corporativa.
De forma xeral, todo documento, software, web e calquera outro material publicado polo CiTIUS debe ter os logos dos Fondos Europeos, a Unión Europea, a Rede CIGUS, a Xunta de Galicia, o CiTIUS e a USC, seguindo as directrices expostas nesta páxina, en cumprimento coa instrución da Xunta. Actualmente, a utilización do logo Campus Vida queda excluída debido á súa extinción.
Ademais de incluír o logo do CiTIUS (que podes descargar máis abaixo)e da Universidade de Santiago de Compostela (que podes atopar na sección de imaxe corporativa da USC), debes incluír os seguintes logos no pé de páxina:
O logo da rede CiGUS ten unha serie de especificacións que deben seguirse no seu uso. Podes descargar a continuación o seu manual de uso.
| Galego | Castelán |
|---|---|
| Manual en galego | Manual en castelán |
| Tipo | Descarga |
|---|---|
| Logotipo principal-vertical | PNG EPS |
| Logotipo principal-horizontal | PNG EPS |
| Logotipo-negativo-vertical (usar en fondo negro e cores escuras) | PNG EPS |
| Logotipo-negativo-vertical(usar en fondo negro e cores escuras) | PNG EPS |
| Logotipo simple (sen lenda)-positivo | PNG EPS |
| Logotipo simple (sen lenda)-negativo | PNG EPS |
As tipografías oficiais do CiTIUS son Manrope (tipografía principal, que podes descargar a continuación) e Segoe UI, que está preinstalada en Microsoft.
| Forma de descarga | Enlace |
|---|---|
| Arquivo comprimido (.zip) | Descargar .zip |
| Google fonts | Ir a Google fonts |