Tabla de Contenidos

Manual de identidade corporativa

O Manual de identidade corporativa do CiTIUS establece os criterios e normas que regulan o uso da imaxe institucional do centro. Este documento guía a aplicación correcta dos elementos visuais corporativos en todos os soportes e canles de comunicación, garantindo unha identidade coherente, recoñecible e profesional. Nel recóllense as especificacións relativas ao uso dos logotipos oficiais, a tipografía corporativa, as cores institucionais e as pautas de aplicación da marca en distintos formatos e contextos.

A súa correcta aplicación é esencial para manter a coherencia da imaxe institucional do CiTIUS en todas as comunicacións internas e externas.

Podes descargar aquí o Manual de identidade corporativa do CiTIUS (ES).

Normativa

Recoñecementos obrigatorios

De forma xeral, todo documento, software, web e calquera outro material publicado polo CiTIUS debe ter os logos dos Fondos Europeos, a Unión Europea, a Rede CIGUS, a Xunta de Galicia, o CiTIUS e a USC, seguindo as directrices expostas nesta páxina, en cumprimento coa normativa de publicidade CIGUS da Xunta de Galicia.

Queda expresamente prohibida a utilización do logo 'Campus Vida', debido á súa extinción.

Obrigas no uso de logotipos

En toda documentación, presentación ou material gráfico elaborado no marco da actividade do CiTIUS é obrigatorio incluír os logotipos oficiais do CiTIUS e da Universidade de Santiago de Compostela, dispoñibles para descarga máis abaixo). Recoméndase consultar a sección de imaxe corporativa da USC).

Ademais, deberá incorporarse no pé de páxina o conxunto de logotipos institucionais que se amosan a continuación:

Rede CIGUS

A pertenza do CiTIUS á Rede CIGUS (Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia recoñecidos como centros de excelencia da USC) implica o cumprimento dunha serie de obrigas en materia de difusión e publicidade da marca CIGUS.

Estas obrigas son de carácter preceptivo e afectan á correcta incorporación do logotipo da Rede en documentación de toda índole, como presentacións, materiais gráficos, publicacións, comunicacións públicas e demais soportes nos que proceda.

Recoméndase consultar detidamente o manual de identidade da marca CIGUS para coñecer con precisión cando e como deben colocarse os logotipos, así como as normas de convivencia gráfica con outras institucións, especialmente nos casos nos que deba coexistir con outras marcas institucionais ou financiadoras.

Logos CiTIUS

Tipo Descarga
Logotipo principal-vertical PNG EPS
Logotipo principal-horizontal PNG EPS
Logotipo-negativo-vertical (usar en fondo negro e cores escuras) PNG EPS
Logotipo-negativo-vertical(usar en fondo negro e cores escuras) PNG EPS
Logotipo simple (sen lenda)-positivo PNG EPS
Logotipo simple (sen lenda)-negativo PNG EPS

Outras entidades

Entidade Descarga
USC PNG EPS
Xunta de Galicia Todas as versións oficiais
Unión Europea PNG EPS
Rede CIGUS PNGEPS
Fondos Europeos PNGEPS

Tipografías

As tipografías oficiais do CiTIUS son Manrope (tipografía principal, que podes descargar a continuación) e Segoe UI, que está preinstalada en Microsoft.

Forma de descarga Enlace
Arquivo comprimido (.zip) Descargar .zip
Google fonts Ir a Google fonts