Manual da VPN para Ubuntu 24.04
Este manual aplica a Ubuntu 22.04, 24.04 e outros sistemas Linux que utilicen versións similares de Gnome e Network Manager. As capturas de pantalla poden diferir lixeiramente en función das versións exactas de Gnome e o plugin de OpenVPN para Gnome.
Instalación
- Descarga o ficheiro
vpn-UDP4-1194-config-2.5.2.ovpndesde o cartafol de VPN Files de Nextcloud. - Na configuración de Ubuntu, vai a Redes.

- Na sección VPN, preme o botón +, escolle a opción Importar desde ficheiro… e selecciona o ficheiro descargado no paso anterior.

- Na pestana Identidade, introduce o teu nome de usuario e contrasinal.

- Na pestana IPv4, na sección DNS desmarca a opción Automático, introduce
193.144.75.9, 193.144.75.12como se mostra na captura de pantalla e na sección Rutas marca a opción Usar só esta conexión para obter recursos na súa rede.
- Finalmente, fai clic no botón Engadir.
Conectar e desconectar da VPN
Para conectarte, vai ao panel da esquina superior dereita e selecciona a VPN ou pulsa en Conectar (dependendo da versión).
Para desconectar, de novo ao mesmo lugar e selecciona de novo a VPN ou pulsa Desconectar (dependendo da versiión).
Resolución de problemas
Se tes problemas para conectar coa VPN, proba estes pasos:
- Importa directamente o ficheiro ``.ovpn``, e non o ``.zip``.
- Verifica que o teu usuario e contrasinal son correctos iniciando sesión en https://hub.citius.gal/
- Se estás nunha rede restrinxida (universidade, administración pública, rede corporativa, etc.), proba desde outra conexión (por exemplo, datos móbiles ou outra Wi-Fi).
Se despois disto segue sen funcionar, axudaranos moito se nos podes facilitar:
- A versión de OpenVPN, NetworkManager e network-manager-openvpn.
- A saída ao intentar conectar directamente desde terminal, por exemplo:
sudo openvpn ~/Downloads/vpn-UDP4-1194-config-2.6.7.ovpn