Estás aquí: start » wiki » introduccion

Introducción

Esta é unha revisión antiga do documento!


Introducción

Crear unha nova páxina

Para crear unha nova páxina, tes que navegar cara a un espazo baleiro e premer o botón Crear.

Por exemplo, se queres crear unha páxina chamada Proba dentro de eira (playground), debes navegar cara a proba. Unha vez alí, preme no botón Crear na esquina superior dereita.

Se o botón non aparece, é porque non tes permisos para crear páxinas nese espazo.

Editar unha páxina

Para editar unha páxina existente, preme no botón Editar na esquina superior dereita.

Fai os cambios que precises, e cando acabes preme no botón Gardar. Ten en conta que se garda un historial das edicións, polo que é boa idea engadir un resumo e evitar facer edicións pequenas. As versións vellas dunha páxina sempre están accesibles.

Se o botón non aparece, é porque non tes permisos para editar páxinas nese espazo.

Borrar unha páxina

Para borrar unha páxina existente, preme bo botón Editar na esquina superior dereita.

Borra o contido de toda a páxina, deixando o cadro de texto de edición completamente baleiro, e preme no botón Gardar.

Se o botón non aparece, é porque non tes permisos para editar páxinas nese espazo. Se ó gardar recibes un erro, é porque non tes permisos para borrar páxinas nese espazo.

Sintaxe

Ademáis de negritas, cursivas e outros estilos, pódense engadir ligazóns ó exterior, dentro da propia wiki, títulos a distintos niveis, imaxes, vídeos, táboas… visita a páxina de sintaxe para coñecer os detalles.