Estás aquí: start » inv » teses

Procedementos para a elaboración e depósito da tese de doutoramento

Esta é unha revisión antiga do documento!


Procedementos para a elaboración e depósito da tese de doutoramento

Esta entrada da Wiki pretende ser un punto onde resolver as dúbidas que se adoitan presentar durante o período de escritura/depósito da tese de doutoramento. [Actualmente en elaboración]

Os documentos que se proporcionan aquí son os modelos que se entregaban no momento de elaboración desta entrada. Aconséllase utilizalos unicamente como guía, e descargalos de cadansúa fonte orixinal, proporcionadas tamén neste documento.

Ao longo de todo este documento se vai utilizar o xénero feminino para referirse a todas as figuras persoais entendendo que estas figuras son persoas, se non te sintes identificada como persoa, sinto as molestias.

Formato do manuscrito

Para a publicación da tese podes empregar a plantilla do CiTIUS que está dispoñible para descarga no Repositorio Gitlab.

Proceso de depósito da Tese

A guía que se presenta a continuación foi xerada por persoal investigador predoutoral para facilitar o proceso a futuras investigadoras. Non obstante, recoméndase revisar a documentación da EDIUS, pois pode ser que esta sea actualizada sen que isto se reflexe neste documento.

1. Escritura da tese

Escribe a tese e recorda ter actualizado e aprobado o documento de actividades e que o título da tese sexa o que aparece no plan de investigación da secretaría virtual.

2. Informe favorable dos revisores internacionais

Só para mención internacional

Un dos requisitos para obter a mención internacional é un informe favorable da tese por parte de dúas investigadoras extranxeiras. Podes atopar a plantilla deste informe no documento guía que está dispoñible baixo a sección “La Tesis” > “Depósito de tese” > “Comprobación previa á solicitude cando se conta con todas as sinaturas electrónicas” na web da EDIUS.

3. Solicitude de autorización de defensa á CAPD

O primeiro paso formal é solicitar á Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) a autorización da defensa da tese en base aos criterios de lectura impostos polo Programa de Doutoramento (PD).

Para isto envía un correo á persoa coordinadora do teu PD solicitándolle o documento e envíallo de volta cuberto coa relación de publicacións, patentes, capítulos en libros… que culminaron na elaboración da tese.

4. Solicitude de depósito

Inicia a solicitude electrónica para o depósito da tese (sección “La Tesis” > “Depósito de tese” > “A solicitude de depósito por Sede Electrónica” na web da EDIUS.). Para esta solicitude terás que introducir primeiro os seguintes datos:

4.1. Información xeral

  • Titulación de acceso aos estudos de doutoramento, institución e ano na que a obtiveches.
  • Título e directoras da tese.
  • Idioma de lectura e de redacción do manuscrito.
  • Palabras chave.
  • Resumo da tese (max 10 liñas): este resumo é o que vai ir como abstract en Minerva.
  • Clasificación UNESCO Área/Liña/Denominación: por exemplo, o código de “Intelixencia Artificial” é 120304. Pide tres códigos, en caso de ter menos asociados hai que repetilos para encher os outros campos.
  • Convocatorias de co-financiamento conseguidas: por exemplo, as axudas FPU, FPI, Xunta, etc.

4.2. Especificar tipo de tese

Despois deberás indicar se a tese i) opta a mención internacional, ii) opta a mención de doutoramento industrial, iii) se é unha tese con cotutela internacional vía convenio, iv) se é unha tese con protección de dereitos e/ou v) se é unha tese por compendio de publicacións.

4.3. Anexar documentación

Os documentos dos que non se especifica orixe están dispoñibles no documento guía referenciado no punto 2 desda wiki.

4.3.1. Xeral
4.3.2. Mención Internacional
4.3.3. Mención Industrial
  • Certificado de vida laboral.
  • Memoria final empresa.
4.3.4. Cotutela Internacional
  • Declaración de cumprimento.
  • Certificados das estadías.
4.3.5. Protección de dereitos
  • Compromiso de custodia (tras solicitude previa a escola).
4.3.6. Compendio de Publicacións ou Monográfica con Reprodución

5. Envío de documentación á secretaría do departamento

En canto presentes a solicitude podes enviarlle por correo a seguinte documentación á secretaria do departamento (actualmente Ana Rodríguez) para que vaia iniciando os trámites:

  • Memoria da tese en formato PDF e sen firmar.
  • Compendio ou Monográfica con Reprodución Memoria da tese sen os contidos reproducidos de artigos publicados ou en publicación.
  • Aceptación dos membros do tribunal: un por cada membro do tribunal. Dispoñible baixo o nome “Aceptación a formar parte do tribunal” na sección “El centro” > “Guías e impresos” > “Impresos” > “CAPD” na web da EDIUS.
  • Proposta dos membros do tribunal: un por cada membro do tribunal especificando quen é o primeiro vogal suplente. Dispoñible baixo o nome “Proposta do tribunal” na sección “El centro” > “Guías e impresos” > “Impresos” > “CAPD” na web da EDIUS.

6. Solicitude de defensa

Unha vez recibas a aprobación da túa tese por parte da Comisión Executiva da EDIUS terás que solicitar a defensa da mesma.

6.1 Defensa presencial

O secretario do tribunal ou, no seu nome, o coordinador da CAPD, debe notificar, cunha antelación mínima de 7 días naturais antes da data de defensa, mediante correo electrónico á EDIUS que a defensa realizarase de xeito presencial indicando: data, lugar e hora de acto de lectura.

Máis info na web da EDIUS.

6.2 Defensa semipresencial ou virtual

Solicitar a defensa semipresencial ou virtual a través da sede electrónica da USC (enderezo dispoñible no apartado de defensas da web da EDIUS). Ao realizar dita solicitude, hai que anexar un documento no que cada membro do tribunal afirma coñecer a modalidade de defensa e o tipo da súa participación.

7. Pago das taxas de defensa

O seguinte será proceder ao pago das taxas para a defensa (117.09 €). Para isto envíalle un correo electrónico ao servizo de xestión académica do doutoramento a través do enderezo doutoramento@usc.es preguntando por dito trámite.

8. Impresión da tese

Unha vez autorizada a defensa da tese, tense que entregar un exemplar en formato físico na EDIUS, para o cal hai que encargar as impresións. Para isto hai que enviar un correo a Campus na Nube (<(csd1@campusnanube.com>) pedindo presuposto para o número de impresións que queiras, especificando o tipo de encadernación (dura ou branda), o número de páxinas total, e o número de páxinas a color.

Actualmente, o departamento de electrónica e computación financia a impresión dun máximo de 7 teses (ata un máximo de 200 €). Para isto tes que enviarlle o presuposto á secretaría do departamento. Ten en conta que no caso de querer máis de 7 impresións (ou de pasarse do límite dos 200 €) os presupostos deberían xerarse de forma separada, un para que o pague o departamento, e o outro para pagalo ti.

Por último, hai que entregarlle unha das copias impresas, coas firmas das directoras e autora da tese, á secretaría do departamento, quen se encargará de envialo á EDIUS.

9. Ficha Teseo

Unha vez autorizada a tese, para que se poida incorporar a mesma ao repositorio de teses de doutoramento Teseo, hai que cubrir a ficha seguindo o indicado no apartado da web da EDIUS.

Para facilitar este traballo se proporciona un exemplo.

10. Defensa da tese

Ánims!

11. Pago das taxas para a obtención do título

En caso de conseguir o título de doutora (noraboa!), o último paso sería solicitar a expedición de dito título, para o cal terías que… to be continued!

xX Timing Xx

  1. Solicita o informe favorable dos revisores internacionais.
    1. Pregúntalle ás túas directoras de tese canto soe tardar este paso.
    2. Para axilizar o proceso pódense solicitar antes de ter a versión definitiva da tese, sempre que non che falte moito (e.g. formatear os estilos, correxir errores ortográficos, ou unha pequena revisión dalgunha sección).
    3. Pouco antes de recibir a resposta podes continuar cos seguintes pasos.
  2. Envíalle o documento de autorización da defensa á coordinadora do programa de doutoramento:
    1. Este paso non activa ningún prazo, só é para que a coordinadora vaia xestionando a autorización de cara á seguinte CAPD.
  3. Cubre a solicitude de depósito na web da EDIUS:
    1. Dende a EDIUS tardan uns días en procesala (3-5 días).
    2. Aquí todavía non fan falta os informes internacionais, pódense retrasar un pouco máis, pero en caso de non telos consúltao coa secretaría do departamento, pois teñen un prazo máximo para tramitala dende que reciben a notificación unha vez a procesa a EDIUS.
  4. Envíalle a documentación á secretaría do departamento.
  5. A CAPD reúnese e aproba a túa tese.
  6. Ao día seguinte approx a EDIUS, se non ve ningún erro de formato, pon en trámite a tese e terás que esperar un mínimo de 10 días hábiles (non contan os non laborables da USC). Neste enderezo podes consultar os prazos das teses en trámite.
  7. Despois deses 10 días a tese será revisada na seguinte Comisión Executiva da EDIUS.
  8. Unha vez aprobada (pode que sexa despois duns días de edicións a raíz dun aprobado condicional) podes solicitar a defensa da mesma:
    1. A defensa ten que ser antes de 3 meses da data de aprobación.
    2. A defensa non pode ser en menos de 2 días hábiles e 7 naturais dende a solicitude.
  9. Solicitar o presuposto a Campus na Nube e enviarllo á secretaría do departamento.