¡Esta es una revisión vieja del documento!
Uso das Redes Sociais para a difusión da actividade científica
Cada vez é máis relevante a difusión da actividade nas redes sociais. Recoméndase:
- Difundir por medio de Twitter as nosas publicacións relevantes e actividade destacada (participación en eventos, congresos, etc.).
- Manter actualizado o noso perfil de Linkedin, xa que é a primeira canle pola que normalmente se accede á nosa historia profesional.
- A difusión de resultados relevantes por medio da autoproducción de contidos que pode ser publicada en Youtube.
De igual modo, estanse a consolidar algunhas tendencias orientadas a recoller o impacto das publicacións non orixinado unicamente polas citas dos artigos. O seguimento deste indicadores coñécese como Altmetría. Existen ademais diversas publicacións que evidencian o aumento do impacto que se consegue cando se incrementa o uso das redes sociais.