Estás aquí: start » centro » tutoriales » python

Python

Python

Instalar paquetes con pip no entorno do usuario

Pip é un programa que serve para instalar paquetes de Python. Por defecto instálaos como root, pero os usuarios tamén poden instalar paquetes no seu directorio persoal, coa opción –install-option=“–user”.

Por exemplo:

$ pip install --install-option="--user" axel
Downloading/unpacking axel
  Running setup.py egg_info for package axel
Installing collected packages: axel
  Running setup.py install for axel
Successfully installed axel
Cleaning up...

Os paquetes instalaranse en $HOME/.local/lib/pythonX.Y/site-packages, que xa se atopa na ruta de busca por omisión de Python.