Estás aquí: start » centro » servizos » vps

Cloud de servidores virtuais (VPS) - CiTIUS VPS

Esta é unha revisión antiga do documento!


Cloud de servidores virtuais (VPS) - CiTIUS VPS

Servizo de servidores privados virtuais (VPS) nunha nube privada. O persoal investigador pode crear máquinas virtuais con distintas necesidades de hardware para crear entornos de probas persistentes ou despregar aplicacións.

O servizo está accesible por https://vps.citius.gal/

Problemas coñecidos e notas

Idioma do teclado en americano

As imaxes tipo cloud normalmente teñen preconfigurado o teclado americano. Para configurar temporalmente o teclado español, pon o seguinte comando:

sudo loadkeys es

Para facer este cambio persistente en vez de executar este comando cada vez, lanza o asistente de configuración de teclado.

sudo dpkg-reconfigure keyboard-configuration

Ver o espazo dispoñible no disco

Para que se poida ver o espazo utilizado e dispoñible no disco, é preciso instalar o paquete qemu-guest-agent e reiniciar a máquina. Por exemplo, en Ubuntu:

sudo apt install qemu-guest-agent
sudo systemctl enable qemu-guest-agent
sudo reboot

Tras facelo, o espazo dispoñible podería tardar un par de minutos en aparecer dispoñible na interfaz de usuario.