Estás aquí: start » centro » servizos » vps

Cloud de servidores virtuais (VPS) - CiTIUS VPS

Esta é unha revisión antiga do documento!


Cloud de servidores virtuais (VPS) - CiTIUS VPS

Servizo de servidores privados virtuais (VPS) nunha nube privada. Os investigadores poden crear máquinas virtuais con distintas necesidades de hardware para crear entornos de probas persistentes ou despregar aplicacións.

O servizo está accesible por https://vps.citius.usc.es/

Problemas coñecidos

Asignar máis espazo a Ubuntu Desktop

As máquinas virtuais creadas a partir da imaxe de Ubuntu Desktop non utilizan o espazo asignado automaticamente. Para que o fagan é preciso utilizar parted e resize2fs despois de asignar o espazo desexado na interfaz web.

$ sudo parted
(parted) resizepart 2 100%
(parted) resizepart 5 100%
(parted) quit
$ sudo resize2fs /dev/sda5

En caso de que se reciban advertencias de que o disco está a ser utilizado, poden ignorarse. Pode comprobarse que o espazo asignouse correctamente co seguinte comando:

$ df -h /