Esta é unha revisión antiga do documento!
Manual da VPN para Windows 7 e Windows 10
Instalación
Usa o arquivo con extensión .exe que poderás atopar na carpeta VPN Files da tua conta de Nextcloud.
Conectarse e desconectarse da VPN
En Windows 7, é importante lanzar OpenVPN GUI coma un usuario administrador. Se lanzas OpenVPN GUI coma un usuario, non se poderán establecer as rutas e a VPN non funcionará.
- En Windows 7, lanza o programa OpenVPN GUI coma un usuario administrador (non é preciso en Windows 10).
- Unha vez lanzado, atoparás unha nova icona na bandexa de sistema para o OpenVPN. A icona vermella indica que non estás conectado.
- Para conectarte, preme co botón dereito na icona de OpenVPN, escolle a rede ( normalmente vpn-citius pero o nome pode variar), e preme Conectar.
- A continuación aparecerá un cadro de diálogo no que debes poñer o usuario do CiTIUS e o contrasinal.
- Para desconectarte, volve premer co botón dereito na icona de OpenVPN, escolle a conexión correspondente e preme Desconectar: