Estás aquí: start » centro » servizos » vpn » windows

Manual da VPN para Windows 7/10/11

Instalación

Usa o arquivo con extensión .exe que poderás atopar na carpeta VPN Files da tua conta de Nextcloud.

Conectarse e desconectarse da VPN

  1. Abre o programa OpenVPN GUI.
  2. Unha vez aberto, atoparás unha nova icona na bandexa de sistema para o OpenVPN. A icona vermella indica que non estás conectado.
  3. Para conectarte, preme co botón dereito na icona de OpenVPN, escolle a rede ( normalmente vpn-citius pero o nome pode variar), e preme Conectar.
  4. A continuación aparecerá un cadro de diálogo no que debes poñer o usuario do CiTIUS e o contrasinal.
  5. Para desconectarte, volve premer co botón dereito na icona de OpenVPN, escolle a conexión correspondente e preme Desconectar: