Estás aquí: start » centro » servizos » vpn » windows

Manual da VPN para Windows 7/10/11

Esta é unha revisión antiga do documento!


Manual da VPN para Windows 7 e Windows 10

Instalación

Colle o arquivo openvpn-vpn-UDP4-1194-install-2.4.4-I601.exe que podes atopar no directorio VPN Files en Nextcloud

Conectarse e desconectarse da VPN

En Windows 7, é importante lanzar OpenVPN GUI coma un usuario administrador. Se lanzas OpenVPN GUI coma un usuario, non se poderán establecer as rutas e a VPN non funcionará.
  1. Lanzar o programa OpenVPN GUI coma un usuario administrador.
  2. Unha vez lanzado, atoparás unha nova icona na bandexa de sistema para o OpenVPN. A icona vermella indica que non estás conectado.
  3. Para conectarte, preme co botón dereito na icona de OpenVPN, escolle a rede ( normalmente vpn-citius pero o nome pode variar), e preme Conectar.
  4. A continuación aparecerá un cadro de diálogo no que debes poñer o usuario do CiTIUS e o contrasinal.
  5. Para desconectarte, volve premer co botón dereito na icona de OpenVPN, escolle a conexión correspondente e preme Desconectar: