Estás aquí: start » centro » servizos » vpn » windows

Manual da VPN para Windows 7/10/11

Esta é unha revisión antiga do documento!


Manual da VPN para Windows 7, Windows 8/8.1 y Windows 10

Instalación

Colle o arquivo .exe que podes atopar en no teu directorio de usuario, na carpeta VPN.

Dende fai un tempo só copiamos o instalador para Windows 7 de 64 bits en adiante, a non ser que se solicite. Nalgúns casos poderás atopar máis dun arquivo executable, que serán para versións máis vellas de Windows.

Conectarse e desconectarse da VPN

É importante lanzar OpenVPN GUI coma un usuario administrador. Se lanzas OpenVPN GUI coma un usuario, non se poderán establecer as rutas e a VPN non funcionará.
  1. Lanzar o programa OpenVPN GUI coma un usuario administrador.
  2. Una vez lanzado, encontrarás un novo icono na bandexa de sistema para o OpenVPN. O icono vermello indica que non estás conectado.
  3. Para conectarte, pulsa co botón dereito no icono de OpenVPN, escolle a rede ( normalmente vpn-citius pero o nome pode variar), e preme Conectar.
  4. A continuación aparecerá un cadro de diálogo no que debes poñer o usuario do CITIUS e o contrasinal.
  5. Para desconectarte, volve a pulsar co botón dereito no icono de OpenVPN, escolle a conexión correspondente e preme Desconectar: