Esta é unha revisión antiga do documento!
Manual da VPN para Windows 7, Windows 8 y Windows 8.1
Instalación
Se tes o arquivo vpn-udp-22-nome.de.usuario-install.7z
descomprímeo. Podes descomprimir o arquivo con 7-zip e co contrasinal citius
. Se xa tes o arquivo .exe
non tes que facer isto.
Se atopas dous instaladores, un é de 32 e outro 64 bits. Debes executar o correspondente ó teu sistema operativo. Se dubidas, executa o de 64 bits e se non funciona executa o de 32 bits.
Se só atopas un instalador, corresponde á versión de 64 bits.
Conectarse e desconectarse da VPN
É importante lanzar OpenVPN GUI coma un usuario administrador. Se lanzas OpenVPN GUI coma un usuario, non se poderán establecer as rutas e a VPN non funcionará.
- Lanzar o programa OpenVPN GUI coma un usuario administrador.
- Una vez lanzado, encontrarás un novo icono na bandexa de sistema para o OpenVPN. O icono vermello indica que non estás conectado.
- Para conectarte, pulsa co botón dereito no icono de OpenVPN, escolle a rede ( normalmente vpn-citius pero o nome pode variar), e preme Conectar.
- A continuación aparecerá un cadro de diálogo no que debes poñer o usuario do CITIUS e o contrasinal.
- Para desconectarte, volve a pulsar co botón dereito no icono de OpenVPN, escolle vpn-citius e preme Desconectar: