Esta é unha revisión antiga do documento!
Manual da VPN para Android 4.x/5.x
Instalación
- Instala a aplicación
OpenVPN Connect
, que podes atopar en Google Play (polo de agora, non se publica por outros medios de maneira oficial aínda que é relativamente doado atopala). - Se recibiches o arquivo
vpn-udp-22-nome.de.usuario-config.ovpn
(non o que se atopa dentro dun zip, senón o arquivo solto) basta con enviar este arquivo ao dispositivo. - Alternativamente, se non tes ese arquivo, envía ao dispositivo todo o contido do arquivo
vpn-udp-22-nome.de.usuario-config.zip
que recibiches por correo electrónico. Verás un arquivo con extensiónp12
, outrokey
e outroovpn
. É preciso que os tres estean gardados no mesmo directorio. - Arrinca a aplicación OpenVPN Connect e selecciona
Import
»Import profile from SD Card
. No navegador de arquivos que se abre, atopa e selecciona o arquivo coa extensiónovpn
que corresponda. - A aplicación tentará atopar a certificación. Debes seleccionar a única opción que debería aparecer e premer en
Permitir
. - Recibirás unha advertencia sobre o uso desta VPN e a posibilidade de que a aplicación intercepte todas as comunicacións, que debes aceptar.
- Unha vez feito, a aplicación conectarase automáticamente.