Manual da VPN para Android 4.x e superior
Instalación
- Instala a aplicación
OpenVPN Connect
, que podes atopar en Google Play. - Descarga o arquivo
vpn-UDP4-1194-config.ovpn
no dispositivo Android. - Arrinca a aplicación OpenVPN Connect e selecciona
OVPN Profile
para importar un arquivoovpn
. No navegador de arquivos que se abre, atopa e selecciona o arquivovpn-UDP4-1194-config.ovpn
. - Introduce o teu usuario do CiTIUS e o contrasinal1). Preme en
Conectar
. - Recibirás unha advertencia sobre o uso desta VPN e a posibilidade de que a aplicación intercepte todas as comunicacións, que debes aceptar.
- Unha vez feito, a aplicación conectarase á VPN.
Conectarse e desconectarse da VPN
- Abre a aplicación
OpenVPN Connect
e preme no botónConectar
ouDesconectar
. Pode que volvas recibir a advertencia sobre a posibilidade de que a aplicación intercepte as comunicacións se reinicias ou apagas o dispositivo.
1)
Se gardas o contrasinal, deberás por obriga ter un patrón de desbloqueo ou outro método alternativo de bloquear o terminal. Se non queres ter que activar esta ocpión, non gardes o contrasinal