Estás aquí: start » centro » servizos » vpn » android

Manual da VPN para Android 4.x e superior

Esta é unha revisión antiga do documento!


Manual da VPN para Android 4.x/5.x

Instalación

  1. Instala a aplicación OpenVPN Connect, que podes atopar en Google Play (polo de agora, non se publica por outros medios de maneira oficial aínda que é relativamente doado atopala).
  2. Se recibiches o arquivo vpn-udp-22-nome.de.usuario-config.ovpn (non o que se atopa dentro dun zip, senon o arquivo solto) basta con enviar este arquivo ó dispositivo.
  3. Alternativamente, se non tes ese arquivo, envía ó dispositivo todo o contido do arquivo vpn-udp-22-nome.de.usuario-config.zip que recibiches por correo electrónico. Verás un arquivo con extensión p12, outro key e outro ovpn. É necesario que os tres estén gardados no mesmo directorio.
  4. Arrinca a aplicación OpenVPN Connect, e selecciona Import » Import profile from SD Card. No navegador de arquivos que se abre, atopa e selecciona o arquivo coa extensión ovpn que corresponda.
  5. A aplicación tentará atopar o certificado. Debes seleccionar a única opción que debería aparecer, e premer en Permitir.
  6. Introduce o teu usuario do CiTIUS e o contrasinal. Pulsa en Conectar.
  7. Recibirás unha advertencia sobre o uso desta VPN e a posibilidade de que a aplicación intercepte todas as comunicacións, que debes aceptar.
  8. Unha vez feito, a aplicación conectarase automáticamente.

Conectarse e desconectarse da VPN

  1. Abre a aplicación OpenVPN Connect e pulsa no botón Conectar ou Desconectar. Pode que volvas a recibir a advertencia sobre a posibilidade de que a aplicación intercepte as comunicacións se reinicias ou apagas o dispositivo.